As botas de Buck Rogers

Non son exactamente as de Buck Rogers, pero seguro que o velas pensáchedes igual que Cesarinn. Por suposto refírome ás da esquerda. As outras son de pel de animáis en vías de extinción ;-). O mellor non é que as vira nun escaparate dunha tenda de calzado no centro de Lugo, senon que ó día seguinte xa llas vin a unha muller postas. Cada un que leve o queira, non serei eu quen critique a ninguén pola súa indumentaria, pero non negaredes que as tres así xuntas impresionan… como mínimo.

As botas de Buck Rogers

Os que sexades moi mozos, igual non vos lembrades, pero hai xa anos, emitiron unha serie mítica na TVG titulada Buck Rogers no século XXV. Na ciencia ficción e nun dos temas nos que se nota máis o paso dos anos, lémbradevos diso se vedes a serie agora.

Publicado en Intres,Persoal | 4 Comentarios

Tagzania en galego

Estes días andiven a traducir o Tagzania. Comecei a usalo, para marcar distintas puntos nos mapas: restaurantes, instalacións de paintball e espero que pronto moitas máis cousas. Logo vin que se podía traducir e xa me puxen con el.

Tagzania en galego

E tiña que ser. Fixádevos en que taGZania, leva o acrónimo do pais no seu nome ;-).

Espero que vos sexa útil, e que me axudedes a correxir os erros da traducción (habelos hainos). A axuda, acerca de, e todo o que vexades en castelán ou inglés, non está é posible traducilo de momento, pero o contorno de traballo está listo para usar.

A nova orixinal no blog de Tagzania.

Comentarios, erros de traducción, e incongruencias varias, deixadeas por aquí, e procurarei modificalas o antes posible.

Publicado en Aplicacións,En galego,Web | 6 Comentarios

Igualar configuracións de páxina (page setups)

Sempre fun reacio a facer públicas as miñas pequenas rutinas, máis por vergoña que por outra cousa, xa que están feitas por un ignorante en programación. Nesta que acabo de realizar reciclando un par delas para obter o que quería, vou facer unha excepción porque pode ser útil, e parece que Autodesk dende a versión 2000 ata a 2007 non tivo tempo de crear un comando similar.

Utilidade

IGCONFPX é unha rutina en AutoLISP, que ten como fin igualar todas as configuracións de páxina dun arquivo de AutoCAD. Se o entediches vai directamente a Instruccións, senon segue a ler.

Se tes un debuxo con 25 presentacións (láminas en A4), configuradas para imprimirse nunha determinada impresora, e cambias de impresora, na versión 2007 xa tes a opción de imprimir con outra configuración, pero por exemplo na 2004 non. Ademáis unha vez que imprimas, os cambios non se gardan, así que sempre terás que seleccionar unha nova cada vez que traces.

IGCONFPX recolle todas as page setup da plantilla que elixas, importaas no debuxo, amosache todas as dispoñibles, e pídeche que elixas unha delas para aplicarlla a todas as presentacións. A qué é comoda?

Instruccións

Copiar e pegar o código nun editor de texto (notepad ou metapad, por exemplo). Ir á liña 12 e substituir o texto entre comiñas SUBSTITUIR-CHANGE polo camiño que desexes ata o as túas plantillas, tendo en conta que debe levar dobre barra invertida, entre cada

O código


;Makeijan (2007)
;http://acitc.blogaliza.org
;
(princ "\nExecuta IGCONFPX para igualar as configuracións de páxina de todas as presentacións.\n")
;
;listaconf encargase de listar as configuracións de páxina existentes
(defun listaconf ()
;Carga as configuracións de páxina dende a plantilla seleccionada.
(command "-importconfpag" "O:\\AUTOCAD\\PLANTILLAS\CCSA.DWT" "*") ; ->Modificar polo camiño á túa plantilla,
por exemplo "C:\\AUTOCAD\\PLANTILLAS\CCSA.DWT"
;
;Fai a lista
;
(foreach x (dictsearch (namedobjdict) "ACAD_PLOTSETTINGS")
(if (= 3 (car x))
(setq LISTA (cons (cdr x) LISTA))
)
)
(setq LISTA (reverse LISTA))
)
;
;Comeza o bo
;
(defun c:igconfpx (/ PLO_LAYOUTS PLO_CNTR PLO_CNTR2 PLO_LIST PLO_LAYOUTTAB)
(vl-load-com)
;Que non salten os diálogos
(setvar "FILEDIA" 0)
(setvar "CMDDIA" 0)
(setq PLO_LAYOUTS
(vla-get-layouts
(vla-get-activedocument(vlax-get-acad-object))
)
PLO_CNTR 0 PLO_CNTR2 0)
(repeat(vla-get-count PLO_LAYOUTS)
(setq PLO_LIST (cons(setq PLO_CNTR (1+ PLO_CNTR))
PLO_LIST)))
(vlax-for PLO_LAYOUT PLO_LAYOUTS
(setq PLO_LIST
(subst
(vla-get-name PLO_LAYOUT)
(vla-get-taborder PLO_LAYOUT)
PLO_LIST)
)
)
(setq PLO_LIST (reverse PLO_LIST))
;
;Aquí lanzo o listado de configuracións de páxina. (Page Setups)
;
(princ LISTA)
(listaconf)
(princ "\nEscribe a configuración a aplicar a todas as presentacións de entre as listadas arriba: ")
(setq CONFPAX(getstring))
(while(/= PLO_CNTR2 (1- PLO_CNTR))
(setq PLO_LAYOUTTAB (nth PLO_CNTR2 PLO_LIST))
(command "_-PLOT" "_N" PLO_LAYOUTTAB CONFPAX "" "" "_Y" "_N")
(setq PLO_CNTR2 (1+ PLO_CNTR2))
)
;
;Deixar todo como estaba
;
(setvar "FILEDIA" 1)
(setvar "CMDDIA" 1)
)

Melloras futuras

Está claro que necesitaría dúas para que quedara máis elegante, pero como as vexo perfectamente prescindibles para o meu uso diario non penso que vexan a luz ;-).

  1. Comprobar que non existen as configuracións antes de tentar cargalas, iso evitaría as mensaxes tentando mellorar na liña de comandos.
  2. Comprobar que o page setup elexido está na lista, senon obrigar a teclealo. Isto evitaría o erro que da cando non se introduce correctamente o identificador.

Referencias

Estas dúas ligazóns son as que serviron de base a este código.
Hispacad
3DGazpacho

Publicado en AutoCAD,AutoLISP | Comentarios cerrados

Česká republika (VII). Terezín (e 3)

O Ghetto

Despóis do paseo pola pequena fortaleza, fomos xantar. E finalizamos a tarde cunha visita ó museo do Ghetto.

Xard�n TerezinTerezín é un pobo tranquilo, que collemos nun soleado día de outubro, e aínda puidemos deitarnos na herba deste parque a vexetar 10 minutiños. Moito boto de menos iso en Pontevedra, tan dificil será ter un parquiño así?

Finalmente saímos da gran fortaleza e diriximos ós nosos pasos ó cemiterio xudeu e o crematorio. A esa hora, un batallón de mosquitos tentaron impedirnos o paso. Afortunadamente non eran agresivos, porque aínda chegamos de volta a Praha con algún deles no coche, e as nosas epidermes non se resentiron.

Cemiterio Xudeu

Os cemiterios deste tipo, coa herbiña perfectamente cortada e as lápidas aliñadas transmiten unha sensación de paz, que difícilmente se atopa nos inquedantes camposantos galegos.

Cemiterio ruso

A paz convertese en desacougo, en canto entras no crematorio. Os nazis foron moi meticulosos nos seus obxectivos, e seica deixaron escrito todo canto fixeron. Ó parecer Terezin, non foi un campo da morte, coma Auschwitz II ou Treblinka. Os catro fornos que alí se atopan foron utilizados para incinerar cadaveres, pero aínda así non deixan de impresionar. Non teño ningunha foto do lugar, porque non se podían facer, e crédeme se vos digo, que non é unha cousa moi agradable de lembrar.

Na saída atopamos o pequeno cemiterio ruso, que ilustra a desenfocada foto da dereita. Para un día chegou ben de morte.

Hai moitas relixións que demandan dos seus fieis, en maior ou menor medida, peregrinar a lugares santos. O mundo occidental debería obrigar a todos os seus habitantes a pasar por algún destes campos para non esquecer nunca.

E aquí remata a excursión a Terezín.

 

Publicado en Česká republika,Persoal,Viaxes | 1 Comentario

Coucho de 3 cunchas

Sonche estas cousas da natureza. Hai uns días estiven na casa dos meus pais. Agasalláranos cunha saca chea de noces, e entre elas o meu pai atopou estas da foto. Dúas noces de 3 cunchas… son curiosas. Lémbranme uns limóns de que vin en cocinalia.

Couchos de 3 cunchas

Por qué poño coucho?. Seica por Vila de Cruces lle chaman así as noces. Nunca oira tal, e só atopei unha referencia similar nesta anotación, así que se polo Incio tamén se dí, igual é cousa do interior.

Publicado en Gastronomía | 2 Comentarios