Mar 07 2007

Orujo de Galicia, Licor de Café… de que planeta son?

Published by makeijan at 10:36 pm under Batallas, Gastronomía, Persoal

Hoxe tiña que seguir co de Xantar, pero cando comecei escribir o da cata, foiseme a pinza cunha conversa que tivemos alí. Esas inquedanzas que tes dende hai tempo, pero nunca tes a ninguén axeitado para dicirllas (isto collera sentido nunha vindeira historia).

Por qué carallo a denominación de orixe do augardente galego é Orujo de Galicia? Moito máis coherente é que a páxina estea só en castelán, e os desatinos reaparecen ó ver que dependende da Xunta, e máis concretamente de Medio Rural. Se comparades o selo de Medio Rural coa da Denominación de Orixe, veremos que non son iguáis. Semella que iso é todo o que vai facer a Consellaría. Do Ministerio xa non falamos que este traduce todo é vía.
Sen dúbida hai outros desatinos neste aspecto. Aí temos Ternera Gallega e Lacón Gallego, pero Orujo? Hai unha palabra máis fea no mundo? Alguén escoitou nun bar traeme Orujo para o café? Se os madrileños toman pacharán ou chinchón!

Outro conto. Quén oiu aquí a alguén chamarlle ó licor café , licor de café? Pois alá van os de Vitivinícola del Ribeiro a chamarlle licor de café. Conste que haberá máis adegas que o fagan, pero esta amola especialmente porque está bo, cousa que non se pode dicir de todos. Novamente Medio Rural ten un selo que non aparece na páxina de Orujo de Galicia por ningures.

Non lle vou dar máis voltas. Só contarvos unha pequena batalla. Hai anos tiven unha moza madrileña. Nunha viaxe que fixen a Taramundi leveille ós seus pais unha botella de Licorcafé do que fai a miña nai coa sua receita portuguesa segreda. A conversa sería máis ou menos así.

  • De parte de mi madre una botella de licor café.
    • ¡Ah! Gracias. Licor de café
  • Si eso, licor café.
    • Bien, me encanta el licor de café.

Xa foi hai ben tempo, e cando vas invitado non te vas poñer a berrar. Penso que ata levaba una etiqueta desas que lle facía eu por ordenador, e seguro que se a tiña poñía licor café. Nesa viaxe tamén aprendín que en Taramundi se falaba en galego, e que teñen uns queixos e un aceiro moi bo. Se algún día ides por alí, ambos son obrigatorios.

Corolario: Taramundi non ten a culpa de que algúns madrileños non entendan o concepto licor café.
Para rematar relaxando un pouco este momento reivindicativo que me dou, ligo a unha das grandes páxinas de internet de todos os tempos, que anda de capa caída ultimamente, pero para quen non a coñeza, poderá pasar un rato simpático visitándoa. Pensaba fusilar a foto, pero non me parece axeitado. Mellor vela no seu sitio.

Chuzame! chuzame -

7 Responses to “Orujo de Galicia, Licor de Café… de que planeta son?”

  1. W. Sobchakon 08 Mar 2007 at 12:16 am

    Assim que o chinchon é augardente!! Ta bem sabelo…
    Dacordo contigo em todo, que conste que hai umha fenda que se esta a abrir: Comeza a ser habitual nas tabernas escoitar pedir umha “crema de oruxo”

  2. makeijanon 08 Mar 2007 at 2:02 am

    Nor… igual non me expresei ben. O que quero dicir e que ninguén pide orujo. Aquí tomamos augardente, e no centro toman outras bebidas distintas.

    E iso da crema… que noxo!

  3. colinetaon 08 Mar 2007 at 7:34 am

    O do “orujo” ten unha explicación legal. Segundo a normativa estatal e comunitaria “augardente” é un destilado obtivo a partir dunha bebida froito dunha fermentación. E dicir, augardentes son o coñac ou o whisky. Cando se destilan “bagazos” de uva hai entón o produto é “augardente de bagazo” ou de “orujo”. E non estou eu tan seguro de que en certas partes de Galicia non se empregue habitualmente a palabra “oruxo”, o mesmo que caña, ribeira, pirriá e outras moitas para denominar ao mesmo produto.
    De tódalas maneiras estou contigo en que o das denominacións de orixe galegas é un pouco de coña. Sería fácil botarlle a culpa ao PP e a Fraga e quedarnos todos tranquilos, pero a Xunta actual está tramitando a denominación específica para a torta de Santiago: chamarase TARTA de Santiago. Xa está publicado no DOG, nunha orde na que non aparece nin unha soa vez a palabra “torta”. Ou di Tarta de Santiago, como nome propio con maiúsculas, ou fala do doce, etc. Intencionadamente (parece) evitaron o sustantivo “torta” para que non se notara a contradición torta-tarta.

  4. makeijanon 08 Mar 2007 at 10:45 am

    Xa vexo que falo para adiante sen saber ;-). De todos xeitos calquera das denominación, ata “augardente de bagazo” sería mellor que orujo, penso. Na terra do meu pai (costa da morte), chámase “caña”, as outras denominacións non as coñezo, pero oruxo non xuraría que non se use, pero sorprenderíame bastante. Falo dun uso tradicional por suposto, non do que di Sobchak, sobre a “crema de oruxo”.

    O que me contas da Torta de Santiago é bastante lamentable. As veces semella que non cambiou ren…

  5. moraiminhaon 08 Mar 2007 at 12:25 pm

    Cando eu era nena, á miña casa viñan os augardenteiros (non os “oruxeiros”) de Sober, e facían caña (augardente branca) e xastreu (augardente de herbas). Eu voto polo “augardente de bagazo” como nome do invento (ainda que nós ó bagazo sempre lle chamamos “bagullo”).

  6. Marinaon 09 Mar 2007 at 10:37 am

    Son del planeta ” Sanjenjo”, ” camaritas”, ” Puertonuevo”…
    :-)

  7. Jesuson 25 Xan 2008 at 9:34 am

    chamarlle licor café e unha costume o que esta ben chamado e licor de herbas por que non licor de café que e o correcto po esa regla de tres tamen vamos lle chamar licor herbas

Trackback URI | Comments RSS

Leave a Reply

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Blog sen Fume