Mar 10 2007
Beastie Boys - Sabotage
Hoxe mentras ía cara a Vigo para asistir ás clases presenciáis dun cursiño que estou facendo, escoitei, como ven sendo costume dende que comezou, Radio Oceánica. Gracias a isto das novas tecnoloxías non teño que oilo cando queren os da CRTVG, senon cando me ven ben a min. Eche o que che teñen os podcast.
Recoméndovos que o escoitedes cando toca en Radio Galega Música os domingos de 10 a 11 da noite, ou como fago eu. Todo o conto ven a que nunhas cuñas que meten polo medio do programa usan dous temas espectaculares. Un deles e este Sabotage do album Ill Comunication. É imposible oila sen moverse na silla... e xa ten 13 anos.
Aínda para os que non vos guste a música, mirádeo todo, porque o video sería un dos 10 mellores de todos os tempos. Esa estética de serie policiaca norteamericana dos setenta contrasta e combina ferpectamente. ;-)
A desfrutar...
chuzame -





“Rado Galega Música”… lembro que foi unha das miñas sorpresas recentes. Sorpresa porque non sabía que existira, e tamén sorpresa porque non era gran cousa de bóa…
Pero é interesante que teñan programas especiais… Xa que apenas estou por Galicia, e moito menos a esas horas da noite, a ver se disfruto do podcast (gracias polo link).
En canto a Beastie Boys… eu pasei dun entusiasmo enorme polos rapaces… a unha certa decepción… e agora tirando a hastio… Pero bueno. Aquel “Sabotage” foi un cañonazo.
Certo, porque era un maquinillo largando mp3. Recoméndoche o programa… está simpático.
Eu nunca fun un gran fan de Beastie Boys, pero funlles entrando pouco a pouco… e coma moitos teñen cousas boas e outras non tanto.
Pero qué video, mi madriña…
Non é o meu tipo de música, pero a min este Sabotage pilloume no instituto. Aínda recordo cando a algún do grupo lle daban calabazas cando saíamos de discotecas e volvía onde ó resto, que o recibían ó berro de “Sabotage!!!”. Qué momentos.
e o video, efectivamente, é impagable. A demostración de que con recursos limitados e imaxinación é posible facer cousas interesantes.