Son famoso ;-)
Este sábado mentres todo o mundo andaba a ver o futbol, fomos cear. O restaurante paga a pena e espero poñer a crítica a semana que ven. A anécdota é que cando rematamos e estabamos a tomar o café, apeteceume tomar unha copiña de augardente (a ver se mañá remato outra cousa que teño a medias e conto porqué), levanteime a pedila, e alí estaba o cociñeiro, que me pregunta se escribo un blog. Sorprendido respóndolle que si, e a seguinte pregunta xa me remata:
Tí es makeijan?
Espectacular momento. Xa lle dixen cun inmenso sorriso a Moraiminha, que se atopaba na mesa allea á conversa:
Teño un fan!
A verdade é que aínda non entendo como me coñeceu, se só hai un par de fotos miñas no blog e a única que dí quen son é a do Paintball ;-). Mais quedade tranquilos que vou continuar cos pes no chan e non vou vender ningunha exclusiva... por de baixo de 6000 € ;-)