Mar 12 2007

Son famoso ;-)

Published by makeijan at 8:54 am under Gastronomía, Persoal

Este sábado mentres todo o mundo andaba a ver o futbol, fomos cear. O restaurante paga a pena e espero poñer a crítica a semana que ven. A anécdota é que cando rematamos e estabamos a tomar o café, apeteceume tomar unha copiña de augardente (a ver se mañá remato outra cousa que teño a medias e conto porqué), levanteime a pedila, e alí estaba o cociñeiro, que me pregunta se escribo un blog. Sorprendido respóndolle que si, e a seguinte pregunta xa me remata:

Tí es makeijan?

Espectacular momento. Xa lle dixen cun inmenso sorriso a Moraiminha, que se atopaba na mesa allea á conversa:

Teño un fan!

A verdade é que aínda non entendo como me coñeceu, se só hai un par de fotos miñas no blog e a única que dí quen son é a do Paintball ;-). Mais quedade tranquilos que vou continuar cos pes no chan e non vou vender ningunha exclusiva... por de baixo de 6000 € ;-)

Chuzame! chuzame -

5 Responses to “Son famoso ;-)”

  1. besbeon 12 Mar 2007 at 10:11 am

    Pois a verdade si que é difícil recoñecerte so pola foto e que momentazo! Agora a aceptar xamóns coma sobornos.

  2. makeijanon 12 Mar 2007 at 10:44 am

    Se queres que o famoso makeijan conteste a este comentario, envía MAKEIJAN FAMOSO ó 6969.
    Recibirá 10 mensaxes a 5,17 € +  I.V.E. ;-).

  3. besbeon 14 Mar 2007 at 2:49 am

    Ponme que non se puido entregar a mensaxe ao seu destinatario por orxía culinaria…que cousas ten a telefonía móbil que non che deixa acceder aos teus ídolos :P

  4. makeijanon 14 Mar 2007 at 4:02 pm

    Dígocho eu ;-)
    Hoxe vou cear algo lixeiriño, coma por exemplo… un xabarín.

  5. […] Mentres tomabamos o café foi cando se produciu o famoso incidente (famoso para min claro). Na saída botamos unha parrafada comentando o xantar, e ata nos acompañaron ata onde collemos o autobús de volta. Full service! […]

Trackback URI | Comments RSS

Leave a Reply

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Blog sen Fume