Mar 13 2007

Medir sobre PDF

Published by makeijan at 1:13 pm under AutoCAD

Isto xa parece un blog gastronómico ;-). Xa me gustaría a min centrarme tanto, pero como son un pouco disperso, vou abandonar momentaneamente esta serie de artigos gastronómicos e facer algo útil.

Hai veces que tes que lidiar con planos en PDF. Como xa comentaba en De PDF a DWG. Adobe e Autodesk non se levan tan mal hai software de pago para facer estas cousas. Como por exemplo Adobe Reader Pro, que permite medir lonxitudes, perímetros e áreas.

Vou explicar como medir distancias, pero sen gastar un peso, así que para un traballo puntual pode chegar ben.

Aínda que o puxen na categoría AutoCAD, sirve para medir calquera documento en PDF, e aproveitandome do corta e pega repito o esquema dun dos artigos máis famosos que teño (a xulgar polas estatísticas). Se xa puxeches en práctica o artigo da conversión, salta directamente a Preparación.

Ingredientes

Necesitamos:

  • O GSview de GhostGum Software Pty Ltd, que non é máis ca un interface gráfica para Ghostscript.
  • O propio Ghostscript, interprete PostScript e PDF.
  • Privilexios de administrador na máquina (só para instalar o software que non teñas claro). Se non sabes de que falo probablemente non os necesites.

Preparación

Medindo PDF con GsviewÉ moi doado, pero hai que facer un pouco de película para que semelle que me custou descubrir esta funcionalidade, cando a realidade é que a atopei por casualidade.

Cun par de imaxes ídelo pillar no aire:

  1. Abrimos o PDF no GSview
  2. Editar -> Medir (coma na imaxe da dereita).
  3. Ábrese unha xanela (ver imaxe debaixo).
  4. Premer no único botón que hai Cambiar.
  5. Seleccionamos mm e aceptamos.

O diálogo é bastante intuitivo, pero vou dar igualmente unha breve explicación de cada elemento:

  • Unidad: indica en que unidade estamos a medir. Por estas terras o mm. sería o axeitado, aínda que tamén hai a opción das polgadas (in.). Eu por exemplo estou traballando sobre un PDF en A3, e podo ver as súas dimensións cercanas a 420x297 mm.
  • Inicio: Son as coordenadas absolutas do punto no que se preme co botón esquerdo do rato. O resto das medidas son relativas a este punto.
  • Final: Coordenadas absolutas da posición do cursor despois de fixar o inicio.
  • Delta: Coordenadas relativas entre as dúas anteriores.
  • Longitud: Esta é a máis importante xa que indica o que realmente buscamos. Un vector co seu módulo e ángulo. Neste caso só necesitamos o módulo (lonxitude).

Xa estamos medindo. Son milímetros e no caso dunha escala múltiplo de 10 a conversión é bastante intuitiva, pero qué pasa nos outros casos?

Teremos que utilizar unha das opcións que nos ofrece o botón Cambiar.

  1. Prememos Cambiar.
  2. Seleccionamos personalizado, no selector superior.
  3. E no cadro Personalizado, dirixímonos ós cadros á esquerda do botón escala. Deixamos a 1 a primeira e na segunda realizaremos introduciremos o resultado de dividir o denominador da escala entre mil. Así para unha escala 1:50 o resultado sería 0.05.
  4. Prememos no botón Escala. Moi importante: Premer só unha vez.
  5. Prememos Aceptar.

As lonxitudes obtidas agora estarán xa escaladas. Na imaxe inferior podemos ver como medin os 20 m que separan dous p.k. no eixe deste vial.Medindo PDF con Gsview

Unha precaución:

Como xa insistín comentei, só hai que premer unha vez no botón Escala. Isto é porque cada vez que se lle da, se aplica sobre o CTM (facede a proba), e iso desvirtuaría os resultados. No caso de facelo accidentalmente, selecionades de mm e novamente Personalizado, para resetear os valores de CTM, aplicades Escala unha vez e listo. Pode parecer embarullado, pero cunha probiña que se faga dase conta un do problema.

Rematei. Admito xamóns, e outros subornos no correo electrónico de costume ;-).

Chuzame! chuzame -

Trackback URI | Comments RSS

Leave a Reply

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Blog sen Fume