Xantar (e III). Cata de licores e augardentes de Galicia
marzo 15th, 2007 | by makeijan |Como xa dicía no anterior comentario de Xantar, co gallo de probar o Tostado de Costeira, acercamonos deica unha cata que estaba prevista para ás 17 h. Cando nos acercamos alí, preguntáronnos se estabamos apuntados. A nosa idea para que non se lembre, era probar o Tostado, e decidir se pagaba a pena invertir 78 € nel. Pasamos igualmente á sala e só había tres catadores, máis o que semellaba o director. Saudamos, como había pouca xente, decidiron esperar a ver se viña alguén máis, e nos aproveitamos para mercar o Aceite Porca de Murça, pensando en liquidar rapidamente co asunto.

A cata
O plantexamento era sensiblemente diferente ó esperado. Tratábase dunha cursiño acelerado de cata de augardentes. Para iso, José González Méndez, que é o nome do director de cata, e Adxunto á Dirección de Vitivinícola del Ribeiro, S.C.G., tirou de presentación e nos explicou os pasos na elaboración dos augardentes, comparando a metodoloxía utilizada pola súa adega, contrapoñendoa cos procedementos tradicionáis. Entre os cinco asistentes, atopábase un colleiteiro de Os Peares, que tamén aportou o seu método de elaboración.
Pode parecer que nos metemos nunha experiencia pouco apetecible, pero moi ó contrario, resultou do máis estimulante. Unha vez ubicados, comecei a pensar que con facilidade podería deribar nunha sesión comercial de Vitivinícola del Ribeiro pero aínda que por suposto, sempre estivo presente, tamén soubo ser crítico con algúns procedementos que realizaban, e outras apreciacións que se lle fixeron, o cal como mínimo é digno de mención.
Sempre imaxinei alambiques xigantes para facer a augardente, pero o sistema utilizado foi arrastre de vapor. Podese ver unha relación dos tres métodos habituáis para tal tarefa en: alquitara, alambique e arrastre de vapor.
Despóis da parte teórica fixemos unhas prácticas co senso menos desenrolado: o olfato.

Coa axuda dunhas esencias naturáis entrenámonos minimamente cos aromas e defectos presentes nos augardentes. Nada que ver coas esencias artificiáis que teño cheirado nalgún cursiño de cata, e polo que alí se comentou non só hai diferencia na calidade. Mentres escribía isto ocorreuseme buscalas, e velaí están: Le Nez du Vin (o nariz do viño). Estou seguro o 99% de que eran estas.
Os meus resultados non foron moi bos, polo que necesito o Master Set. Admítense agasallos. ;-)
Por fin, chegamos á cata propiamente dita. Comezamos pola miña primeira sorpresa, a aparentemente menos atractiva de todos. A augardente branca. É unha experiencia que tedes que desfrutar. Non falamos da caña que poñen nos bares e restaurantes para acompañar o café normalmente. Esta é unha verdadeira maravilla, sen rastro de acroleico, ese primeiro impacto que recibes no nariz o acercar unha copa de augardente supostamente caseiro, cuns aromas que xa perdín porque son moitos os días que pasaron, pero dos que gardo unha gratísima lembranza. Toda unha revelación.
A de hervas tamén estaba boa pero xa non despertou en min tanta emoción. Así que pasarei directamente ó licor café, que era a xoia da coroa. Cun prezo ó redor de 18 € algo tiña que ter.
José González contounos todos os detalles de elaboración do producto. A cata de cafés que realizaron ata optar polo Jamaica Blue Mountain. Como viña en bocois de madeira no seu estado natural, e era tostado en Ourense de xeito natural, sen ningún azucre engadido. Ata a formula coas proporcións nos dou.

A primeira impresión foi a dunha agüiña. Non é licor café que estás acostumado a tomar. O da miña nai que produce pequenas cantidades realizadas seguindo unha antiga e segreda receita portuguesa, ten unha densidade moi superior a este, e sempre usei esa guía para valorar o producto.
Como vedes convenceume. O prezado ouro negro amosaba unha transparencia enganosa, que gardaba no seu interior unha concentración aromática impactante. Non son especialista en cafés, de feito apenas o tomo en ocasións moi singulares. Debe ser coma todo, ata que atopas o estímulo axeitado, non se activa o disparador cerebral que te condea a seguir buscando. Como penso repetir ambas experiencias con máis coñecemento, xa as deixarei por aquí no seu momento, en forma de nova anotación.
Finalmente chegou o preciado momento de probar o tostado. Segundo nos dixo o drecto da cata, non había máis ca 1 litro del en todo o Xantar. Unha botella estaba no stand (a que nos amosaran pola mañá, da que tedes unha foto ó principio) e a que disfrutamos os seis elexidos. Non me vou extender moito máis. Xa fixen o meu pedido, e terei que agardar deica decembro para poder repetir o pracer de probalo. Se alguén máis quere unirse ó Clube Costeira...
Saímos da sala de catas osbre as 20:30. Hora e media despois do previsto. Con este dato non é necesario estenderse máis.
Anecdotario
Unhas pequenas notas curiosas que non quero deixar atrás, mais non teñen entidades suficiente para facer unha cuarta entrega.
- No medio da charla entrou un rapaz cun vaso de cervexa na man preguntando cando comezaba a cata. Atraído pola posibilidade de beber de balde, apareceron xunto con el, tres mozos máis. Entre os catro incordiaron por corenta. Foi a nota negativa. Aínda que logo aínda rimos lembrando o inconexo das súas preguntas e actos. Ían finos...
- Unha das asistentes que estaba sentada ó meu carón, estudiou no mesmo colexio ca min, aínda que ela era un ano máis vella. Non nos lembrabamos un do outro, iso que por forza nos veriamos centos veces.

- José González (segundo pola dereita) insistiu en que fixeramos a cata cega de Ribeiro que se estaba a celebrar cando saímos da de augardentes. A foto é do remate da mesma.
- No intercambio de enderezos de blogs, comentounos que formaba parte dun grupo de cata, e que se reunían todos os meses ó redor dunha mesa a probar viños e destilados. O seu nome é Calpurnia.
Rematando que me lío
En definitiva, un agradabilísimo serán, que gracias a esta parrafada xa non esquecerei. Só teño verbas de agradecemento, e gañas de visitar a adega nunha vindeira viaxe polo Ribeiro, recollendo a invitación que alí nos fixeron.
E rematar a miña visión do Xantar. A ver se o ano que ven elixo mellor o menú, que mirando atrás foi o punto máis baixo, con diferencia.
Por miguel o mar 15, 2007
O “Lúa Jamaica Blue Mountain” é o mellor licor café que tomei na miña vida. Sen discusión. Pero sinto desilusionar a Makeijan e os seus lectores, xa que non sea por 18 euros a botella, senón que o seu prezo está por derriba dos 33 euros por botella de tres cuartos. É moito diñeiro, certo, pero non me parece caro dada a inmensa calidade do produto, cun aroma insuperable.
Por makeijan o mar 15, 2007
Sinto errar no prezo. Só transcribo a información que nos deron. Supoño que se referiría logo ó custe na adega. Cando pase por alí xa me enterarei.
Tamén se comentou que o Tostado de Costeira, custaba sobre 40 € no delicatessen de El Corte Inglés, cando agora podes mercalo por 26 a botella (nun pack de 3 iso sí), posto na casa, en decembro.
Por www.jamaicabluemountaincoffee.com o xun 14, 2009
Is there a translation to english for this posting?
Por makeijan o xun 16, 2009
You can try google translate. It’s far from accurate, but better than nothing.
http://translate.google.com/translate?prev=hp&hl=gl&js=n&u=http%3A%2F%2Facitc.blogaliza.org%2F2007%2F03%2F15%2Fxantar-e-iii-cata-de-licores-e-augardentes-de-galicia%2F&sl=auto&tl=en&history_state0=
By the way, you should visit this link: http://www.vinoribeiro.com/productos_03.php?l=en