mar 15 2007

Xantar (e III). Cata de licores e augardentes de Galicia

Published by makeijan at 9:22 am under Gastronomía

Como xa dicía no anterior comentario de Xantar, co gallo de probar o Tostado de Costeira, acercamonos deica unha cata que estaba prevista para ás 17 h. Cando nos acercamos alí, preguntáronnos se estabamos apuntados. A nosa idea para que non se lembre, era probar o Tostado, e decidir se pagaba a pena invertir 78 € nel. Pasamos igualmente á sala e só había tres catadores, máis o que semellaba o director. Saudamos, como había pouca xente, decidiron esperar a ver se viña alguén máis, e nos aproveitamos para mercar o Aceite Porca de Murça, pensando en liquidar rapidamente co asunto.

Tostado de Costeira

A cata

O plantexamento era sensiblemente diferente ó esperado. Tratábase dunha cursiño acelerado de cata de augardentes. Para iso, José González Méndez, que é o nome do director de cata, e Adxunto á Dirección de Vitivinícola del Ribeiro, S.C.G., tirou de presentación e nos explicou os pasos na elaboración dos augardentes, comparando a metodoloxía utilizada pola súa adega, contrapoñendoa cos procedementos tradicionáis. Entre os cinco asistentes, atopábase un colleiteiro de Os Peares, que tamén aportou o seu método de elaboración.

Pode parecer que nos metemos nunha experiencia pouco apetecible, pero moi ó contrario, resultou do máis estimulante. Unha vez ubicados, comecei a pensar que con facilidade podería deribar nunha sesión comercial de Vitivinícola del Ribeiro pero aínda que por suposto, sempre estivo presente, tamén soubo ser crítico con algúns procedementos que realizaban, e outras apreciacións que se lle fixeron, o cal como mínimo é digno de mención.

 

Sempre imaxinei alambiques xigantes para facer a augardente, pero o sistema utilizado foi arrastre de vapor. Podese ver unha relación dos tres métodos habituáis para tal tarefa en: alquitara, alambique e arrastre de vapor.

Despóis da parte teórica fixemos unhas prácticas co senso menos desenrolado: o olfato.

Cata augardentes

Coa axuda dunhas esencias naturáis entrenámonos minimamente cos aromas e defectos presentes nos augardentes. Nada que ver coas esencias artificiáis que teño cheirado nalgún cursiño de cata, e polo que alí se comentou non só hai diferencia na calidade. Mentres escribía isto ocorreuseme buscalas, e velaí están: Le Nez du Vin (o nariz do viño). Estou seguro o 99% de que eran estas.

Os meus resultados non foron moi bos, polo que necesito o Master Set. Admítense agasallos. ;-)

Por fin, chegamos á cata propiamente dita. Comezamos pola miña primeira sorpresa, a aparentemente menos atractiva de todos. A augardente branca. É unha experiencia que tedes que desfrutar. Non falamos da caña que poñen nos bares e restaurantes para acompañar o café normalmente. Esta é unha verdadeira maravilla, sen rastro de acroleico, ese primeiro impacto que recibes no nariz o acercar unha copa de augardente supostamente caseiro, cuns aromas que xa perdín porque son moitos os días que pasaron, pero dos que gardo unha gratísima lembranza. Toda unha revelación.
A de hervas tamén estaba boa pero xa non despertou en min tanta emoción. Así que pasarei directamente ó licor café, que era a xoia da coroa. Cun prezo ó redor de 18 € algo tiña que ter.

José González contounos todos os detalles de elaboración do producto. A cata de cafés que realizaron ata optar polo Jamaica Blue Mountain. Como viña en bocois de madeira no seu estado natural, e era tostado en Ourense de xeito natural, sen ningún azucre engadido. Ata a formula coas proporcións nos dou.

Cata augardentes

A primeira impresión foi a dunha agüiña. Non é licor café que estás acostumado a tomar. O da miña nai que produce pequenas cantidades realizadas seguindo unha antiga e segreda receita portuguesa, ten unha densidade moi superior a este, e sempre usei esa guía para valorar o producto.

Como vedes convenceume. O prezado ouro negro amosaba unha transparencia enganosa, que gardaba no seu interior unha concentración aromática impactante. Non son especialista en cafés, de feito apenas o tomo en ocasións moi singulares. Debe ser coma todo, ata que atopas o estímulo axeitado, non se activa o disparador cerebral que te condea a seguir buscando. Como penso repetir ambas experiencias con máis coñecemento, xa as deixarei por aquí no seu momento, en forma de nova anotación.

Finalmente chegou o preciado momento de probar o tostado. Segundo nos dixo o drecto da cata, non había máis ca 1 litro del en todo o Xantar. Unha botella estaba no stand (a que nos amosaran pola mañá, da que tedes unha foto ó principio) e a que disfrutamos os seis elexidos. Non me vou extender moito máis. Xa fixen o meu pedido, e terei que agardar deica decembro para poder repetir o pracer de probalo. Se alguén máis quere unirse ó Clube Costeira...

Saímos da sala de catas osbre as 20:30. Hora e media despois do previsto. Con este dato non é necesario estenderse máis.

Anecdotario

Unhas pequenas notas curiosas que non quero deixar atrás, mais non teñen entidades suficiente para facer unha cuarta entrega.

  • No medio da charla entrou un rapaz cun vaso de cervexa na man preguntando cando comezaba a cata. Atraído pola posibilidade de beber de balde, apareceron xunto con el, tres mozos máis. Entre os catro incordiaron por corenta. Foi a nota negativa. Aínda que logo aínda rimos lembrando o inconexo das súas preguntas e actos. Ían finos...
  • Unha das asistentes que estaba sentada ó meu carón, estudiou no mesmo colexio ca min, aínda que ela era un ano máis vella. Non nos lembrabamos un do outro, iso que por forza nos veriamos centos veces.

Cata Costeira

  • José González (segundo pola dereita) insistiu en que fixeramos a cata cega de Ribeiro que se estaba a celebrar cando saímos da de augardentes. A foto é do remate da mesma.
  • No intercambio de enderezos de blogs, comentounos que formaba parte dun grupo de cata, e que se reunían todos os meses ó redor dunha mesa a probar viños e destilados. O seu nome é Calpurnia.

Rematando que me lío

En definitiva, un agradabilísimo serán, que gracias a esta parrafada xa non esquecerei. Só teño verbas de agradecemento, e gañas de visitar a adega nunha vindeira viaxe polo Ribeiro, recollendo a invitación que alí nos fixeron.

E rematar a miña visión do Xantar. A ver se o ano que ven elixo mellor o menú, que mirando atrás foi o punto máis baixo, con diferencia.

Chuzame! chúzame -

4 Responses to “Xantar (e III). Cata de licores e augardentes de Galicia”

  1. miguelon 15 mar 2007 at 10:30 am

    O “Lúa Jamaica Blue Mountain” é o mellor licor café que tomei na miña vida. Sen discusión. Pero sinto desilusionar a Makeijan e os seus lectores, xa que non sea por 18 euros a botella, senón que o seu prezo está por derriba dos 33 euros por botella de tres cuartos. É moito diñeiro, certo, pero non me parece caro dada a inmensa calidade do produto, cun aroma insuperable.

  2. makeijanon 15 mar 2007 at 10:41 am

    Sinto errar no prezo. Só transcribo a información que nos deron. Supoño que se referiría logo ó custe na adega. Cando pase por alí xa me enterarei.

    Tamén se comentou que o Tostado de Costeira, custaba sobre 40 € no delicatessen de El Corte Inglés, cando agora podes mercalo por 26 a botella (nun pack de 3 iso sí), posto na casa, en decembro.

  3. [...] o conxunto, no centro da caixa, o magnífico Licor Café Lúa Jamaica Blue Mountain, do que xa falei hai perto dun ano… e esta si que non dura [...]

  4. [...] Ribeiro e ese xigante que engloba boa parte da producción da D.O., e aínda que xa coñecíamos dende hai un tempo iniciativas que fructificaron en magníficos productos coma o seu licor café Lúa, ou o Tostado de [...]

Trackback URI | Comments RSS

Leave a Reply

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture. Click on the picture to hear an audio file of the word.
Click to hear an audio file of the anti-spam word

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Blog sen Fume