Mar 22 2007

Alborada urbana

Published by moraiminha at 8:40 am under Intres, Persoal

O pasado sábado, cando saía a facer uns recados, escoitei pola rúa música de gaiteiros. Cal non foi a miña sorpresa ó ver de lonxe un grupo de músicos camiñando de fronte. Lembrei, entón, que eran as festas de San Xosé de Campolongo.

Alborada Urbana en Pontevedra

Co son da música veume á memoria outra mañá, esta vez chuviosa (non sei porque, case todos os meus primeiros recordos son de días de choiva) de cando vivía na casa dos meus avós. Era o día da festa, o día de San Martiño. Todos na casa estaban arranxando as cousas para recibir ós festeiros; supoño que xa uliría a aquel cocido tan espectacular que facía a avoa. Facendo que axudaba, seguro que enredaba polo medio. Ó lonxe, escoitáronse os grileiros (así lles chamaban no meu pobo), e eu saía correndo da casa para velos pasar polo camiño, recorrendo a pé a aldea antes da hora da misa...

¡Que ninguén esquecese que era o día da festa!

Chuzame! chuzame -

Trackback URI | Comments RSS

Leave a Reply

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Blog sen Fume