Česká republika (VIII). Plzen (1)

Plzen (Pilsen) é unha fermosa cidade universitaria, que ten, entre outras cousas, a honra de ser a patria do método de elaboración de cervexa do mesmo nome. Hai dúas visitas obrigadas cando se unen as palabras máxicas Plzen e Pivo (cervexa): A fábrica de Pilsener Urquell e o museo da cervexa.

Así que unha vez chegados ó berce de Skoda, diriximos os nosos pasos á fonte do dourado elixir. Desgraciadamente faltaba moito para unha visita guiada, así que decidimos pasear pola vila, e cando voltamos xa pasara a última. Só teño este curioso xadrez como mostra da miña visita.

Xadréz Pilsner Urquell

Pivovarske Muzeum

No museo da cervexa si entrei e aprendín un feixe de cousiñas, porque ó fin e o cabo quen non viu facer viño pola nosa terra, mais a cervexa artesanal é rara avis por estas latitudes, e un ten unha idea aproximada, pero non é o mesmo.

Botellas cervexa cores

Aquí arriba un das fotos que mellor me quedou. Colección de botellas de cervexa.

Etiquetas cervexa rusa

O que me gustou despóis da historia e o proceso de fabricación, son estas anécdotas simpáticas, de visitas de xente famosa, coleccións de etiquetas (coma estas de cervexas rusas da foto), e seguramente o mellor foi que coa entrada che dan unha moeda (disto hai moito polo pais, expendedoras de moedas conmemorativas), que podes gardar ou ben cambiala por medio litro de cervexa. Como suporedes, non teño a moeda na casa ;-).

Outra cousa coa que vos vou ilustrar, é co orixe de Gambrinus que moitos coñeceredes dunha franquicia da moi lamentable cervexa Cruzcampo, ven de Jan Primus un antigo soberano de Flandes ó que se lle atribue a cervexa de malta. Unha lenda máis que ten o seu peso en Chequia.

Cervexa e preclik

O de tomar a cervexa a pelo non é o noso, e por aí adiante non se leva tanto como nos gustaría, así que optamos por acompañala con algo do que tiñan a tal efecto os nativos. Optamos por este PRECLÍK, que xa viramos noutros bares e aínda non nos animaramos a probar. Non é mais cunha rosca dun pan duro, crocante con semente de mapoula (adormidera), por riba. Xa sabedes: botáronme droja no Cola Cao, pois aquí botáronnola no pan ;-). A limitada versión dos pinchos checo, que nada ten que ver coas marabillas que aquí se poden desfrutar. Por riba é de pago por suposto, o único a favor é que era barata, aínda que xa non lembro canto era.
Por hoxe chegou. Vou deixar algo para a segunda parte da cidade, un lugar para xantar, a subida á torre…

Chuzame! A Facebook A Twitter
Publicado en Česká republika,Viaxes | 2 Comentarios

2 Comentarios so far

Suscríbete a los comentarios RSS ó haz TrackBack 'Česká republika (VIII). Plzen (1)'.

  1. Mar 29, 2007 a las 8:41 a.m.

    gourmetdeprovincias dice,

    Eses preclik semellan ser a versión local dos pretzel xudeus, orixinarios de Polonia aínda que popularizado (cómo non) polos americanos. En Paris, no barrio xudeu do Marais aínda se conserva a panaderia Finkelstein (se non me trabuco ó escribir ó nome), que foi declarada monumento nacional e que prepara os pretzel e os bagel (ou baygel) coa receita tradicional polaca, tamén con sementes de mapoula ou de adormideira. Impresionantes e nada que ver cos que venden nos Estados Unidos.

    Parece que a principal diferencia está en que a versión checa é redonda e a polaca ten forma de lazo (a versión en miniatura foi a que por pouco afoga a Bush).

  2. Mar 29, 2007 a las 9:36 a.m.

    makeijan dice,

    Tamén había deses do lazo, pero xusto neste bar eran dese xeito máis semellante a unha rosquilla da festa. De igual xeito estaban presentados ensartados nun pau, só que este non era portátil, coma os que antes había.

Lo sentimos, pero los comentarios están cerrados para esta entrada.