Mar 29 2007
Problemas lingüísticos en AutoCAD
A localización das aplicacións ten efectos colateráis en ocasións. Se es dos que traballa con iconas non estás afectado deste problema (si de outros), pero se usas a liña de comandos e tes unha velocidade de traballo respetable, podes atoparte con que cambien a traducción dun comando entre dúas versións, ou simplemente que te atopes traballando cun AutoCAD inglés, ou noutro idioma do que non dominas as ordes.
Tamén pode pasar que atopes un script en Diesel ou un código en AutoLISP ou VisualLISP, que utilice comandos en inglés e non se execute correctamente na túa versión.
Para solventar estes problemas temos un par de solucións, que me veñan a cabeza agora:
O listado
Tirar dunha lista que atopes nun motor de búsqueda, como por exemplo esta alemana. Isto está especialmente indicado para os posuidores das versións LT e ten coma problema, que debes carrexala contigo ou ter acceso a internet, e que non sempre está actualizada, porque supoño que levará un traballo manual importante.
O comando AutoLISP
A opción máis recomendable é usar a orde LISP GETCNAME, esta fai a traducción directa e inversa de ordes, da versión localizada á orixinal inglesa. Vexamos o seu sinxelo funcionamento.
Como orde LISP que é debe ir entre parénteses, e o comando que queremos entre comiñas:
(getcname "comando")
So deberemos ter en conta que se o comando é en inglés e queremos sabelo na lingua localizada, deberá levar un guión baixo diante:
(getcname "_command")
Por se non queda claro vai un exempliño:
Comando: (getcname "linea")
"_LINE"
Comando: (getcname "_line")
"LINEA"
Doado, non si?
chuzame -




