Problemas lingüísticos en AutoCAD

A localización das aplicacións ten efectos colateráis en ocasións. Se es dos que traballa con iconas non estás afectado deste problema (si de outros), pero se usas a liña de comandos e tes unha velocidade de traballo respetable, podes atoparte con que cambien a traducción dun comando entre dúas versións, ou simplemente que te atopes traballando cun AutoCAD inglés, ou noutro idioma do que non dominas as ordes.

Tamén pode pasar que atopes un script en Diesel ou un código en AutoLISP ou VisualLISP, que utilice comandos en inglés e non se execute correctamente na túa versión.

Para solventar estes problemas temos un par de solucións, que me veñan a cabeza agora:

O listado

Tirar dunha lista que atopes nun motor de búsqueda, como por exemplo esta alemana. Isto está especialmente indicado para os posuidores das versións LT e ten coma problema, que debes carrexala contigo ou ter acceso a internet, e que non sempre está actualizada, porque supoño que levará un traballo manual importante.

O comando AutoLISP

A opción máis recomendable é usar a orde LISP GETCNAME, esta fai a traducción directa e inversa de ordes, da versión localizada á orixinal inglesa. Vexamos o seu sinxelo funcionamento.

Como orde LISP que é debe ir entre parénteses, e o comando que queremos entre comiñas:

(getcname “comando“)

So deberemos ter en conta que se o comando é en inglés e queremos sabelo na lingua localizada, deberá levar un guión baixo diante:

(getcname “_command“)

Por se non queda claro vai un exempliño:
Comando: (getcname "linea")
"_LINE"
Comando: (getcname "_line")
"LINEA"

Doado, non si?

Publicado en AutoCAD,AutoLISP | Comentarios cerrados

Česká republika (VIII). Plzen (1)

Plzen (Pilsen) é unha fermosa cidade universitaria, que ten, entre outras cousas, a honra de ser a patria do método de elaboración de cervexa do mesmo nome. Hai dúas visitas obrigadas cando se unen as palabras máxicas Plzen e Pivo (cervexa): A fábrica de Pilsener Urquell e o museo da cervexa.

Así que unha vez chegados ó berce de Skoda, diriximos os nosos pasos á fonte do dourado elixir. Desgraciadamente faltaba moito para unha visita guiada, así que decidimos pasear pola vila, e cando voltamos xa pasara a última. Só teño este curioso xadrez como mostra da miña visita.

Xadréz Pilsner Urquell

Pivovarske Muzeum

No museo da cervexa si entrei e aprendín un feixe de cousiñas, porque ó fin e o cabo quen non viu facer viño pola nosa terra, mais a cervexa artesanal é rara avis por estas latitudes, e un ten unha idea aproximada, pero non é o mesmo.

Botellas cervexa cores

Aquí arriba un das fotos que mellor me quedou. Colección de botellas de cervexa.

Etiquetas cervexa rusa

O que me gustou despóis da historia e o proceso de fabricación, son estas anécdotas simpáticas, de visitas de xente famosa, coleccións de etiquetas (coma estas de cervexas rusas da foto), e seguramente o mellor foi que coa entrada che dan unha moeda (disto hai moito polo pais, expendedoras de moedas conmemorativas), que podes gardar ou ben cambiala por medio litro de cervexa. Como suporedes, non teño a moeda na casa ;-).

Outra cousa coa que vos vou ilustrar, é co orixe de Gambrinus que moitos coñeceredes dunha franquicia da moi lamentable cervexa Cruzcampo, ven de Jan Primus un antigo soberano de Flandes ó que se lle atribue a cervexa de malta. Unha lenda máis que ten o seu peso en Chequia.

Cervexa e preclik

O de tomar a cervexa a pelo non é o noso, e por aí adiante non se leva tanto como nos gustaría, así que optamos por acompañala con algo do que tiñan a tal efecto os nativos. Optamos por este PRECLÍK, que xa viramos noutros bares e aínda non nos animaramos a probar. Non é mais cunha rosca dun pan duro, crocante con semente de mapoula (adormidera), por riba. Xa sabedes: botáronme droja no Cola Cao, pois aquí botáronnola no pan ;-). A limitada versión dos pinchos checo, que nada ten que ver coas marabillas que aquí se poden desfrutar. Por riba é de pago por suposto, o único a favor é que era barata, aínda que xa non lembro canto era.
Por hoxe chegou. Vou deixar algo para a segunda parte da cidade, un lugar para xantar, a subida á torre…

Publicado en Česká republika,Viaxes | 2 Comentarios

Escolma de receitas con galletas mariñeiras

Tal vez sexa demasiado pretencioso denominar recetario a esta pequena escolma de apuntamentos, mais igual á volta dun ano estou a publicar un libro (co permiso de Don Miguel, claro) ;-).

O tamén chamado pan de barco convirtese así nunha base que sustitúe ao pan tradicional, e uns cantos afeccionados á cociña reinventan os canapés, comezando pola parte aparentemente menos atractiva: a base.

As suxestións non seguen orde ningunha e aínda son poucas, pero coas ameazas que hai de novas propostas, agardo que medre algo máis. Se vedes algunha máis publicada por calquera recondito curruncho da internet, agradécese un avisiño.

Bandexa galletas mariñeiras

Un pequeno engadido ó feixe de recomendacións da páxina de Daveiga.

Bo proveito!.

Publicado en Gastronomía,Receitas | 9 Comentarios

Están tolos estes de Autodesk!!!

Foi o primeiro que me veu á cabeza o ler no blog de Heidi Hewett, os requerimentos necesarios para executar o recén estreado AutoCAD 2008 (de momento só en inglés). Parafrasear a Obelix.

Mirádeos vos mesmos en V.O.. É inglés pero ben se entende.

Acabaremos cambiando de ordenador cada ano, coma de versión de AutoCAD?. A este paso non me sorprendería en absoluto.

Publicado en AutoCAD | Comentarios cerrados

Alborada urbana

O pasado sábado, cando saía a facer uns recados, escoitei pola rúa música de gaiteiros. Cal non foi a miña sorpresa ó ver de lonxe un grupo de músicos camiñando de fronte. Lembrei, entón, que eran as festas de San Xosé de Campolongo.

Alborada Urbana en Pontevedra

Co son da música veume á memoria outra mañá, esta vez chuviosa (non sei porque, case todos os meus primeiros recordos son de días de choiva) de cando vivía na casa dos meus avós. Era o día da festa, o día de San Martiño. Todos na casa estaban arranxando as cousas para recibir ós festeiros; supoño que xa uliría a aquel cocido tan espectacular que facía a avoa. Facendo que axudaba, seguro que enredaba polo medio. Ó lonxe, escoitáronse os grileiros (así lles chamaban no meu pobo), e eu saía correndo da casa para velos pasar polo camiño, recorrendo a pé a aldea antes da hora da misa…

¡Que ninguén esquecese que era o día da festa!

Publicado en Intres,Persoal | Comentarios cerrados