Abr 27 2007
Primeiro cabodano da paz dun fogar
Houbo un tempo no que non había presións á hora de sair a tomar os viños o sábado ou de cañas calquera día...
Houbo un tempo no que as viaxes eran planificadas en función de criterios peregrinos coma onde che apetecía, se había algo que ver...
Houbo un tempo no que podías ir cear a calquera lugar relaxadamente...
Dende hai un ano, iso xa non é así...
Agora hai que planificar visitas a concellos con bares onde sirvan pinchos, desviamos parte do noso orzamento mensual a deteriorar o noso fígado e riles, ademáis de incrementar o volume do noso tecido adiposo. Non se pode tomar un viño tranquilamente, e moito menos probar o pincho ata que a foto sexa a axeitada.
Se algún día vedes a alguén armado cun Palm e unha cámara, asexando tralos vidros dun bar para ver se hai pinchos polas barras e as mesas dos clientes ou sacándolle fotos á unha bandexiña con dous cachos de tortilla... é moi posible que toparas con Moraiminha. Tremede hostaleiros!!! De pinchos leva un ano traballando e aínda quedan moitos pinchos por descubrir.
chuzame - 







