Abr 20 2007
Un toque galego en Hollywood
Estes días comeme o choio. Non é que sufra unha carga excesiva, senon que a situación pola que atraveso é bastante particular, isto xunto cun ataque formativo sen precedentes na miña historia, fai que o tempo adicado ó lecer (e por extensión a este blog) estea bastante limitado, e voume ver na obriga de espaciar, polo menos durante un par de meses, as miñas anotacións.
Dito isto céntrome na batalla de hoxe ;-). Nestes días pasado tiven a desgracia de ver a versión cinematográfica de Miami Vice. Unha película completamente prescindible, da que non podo salientar máis que a cara de psicópata de Luis Tosar, con eses ollos abertos de par en par no papel de Arcangel de Jesús Montoya, un malvado narco sudamericano, que fai esquecer a aquel xuiz de Portozas, papel co que o coñecín.
Pero non é este o toque galego, senon este outro:
Pode que non sexa novidoso, pero a min fíxoseme simpático ;-). O xornal é El Mundo e a foto de Botín, pero o titular non deixa lugar a dúbida: Caixanova y Amancio Ortega ultiman la compra de Unión Fenosa al Santander. Algunha man galega elixiu esa páxina...
chuzame -





