Abr 25 2007

“Criando” un queixo

Published by makeijan at 2:52 pm under Gastronomía

Hai quen coma os meus pais, crían coellos, pitos e pitas, pavos, etc. Nestes casos á hora de ir de viaxe tes un problema loxístico. Alguén ten que encargarse de alimentar e manter a todos eses individuos, na túa ausencia. No meu caso, posto que vivo nun piso e a miña responsabilidade é moi limitada, decidín criar un queixo. ;-)

En realidade, o que pasou e que o 31 de marzo chegou á nosa casa un queixo recén nado, que poderedes observar na segunda imaxe do mosáico. Fora elaborado o día 29 como ben se ve na etiqueta, e deronnos dous consellos para levalo a bo fin:

  • Non mollalo
  • E non darlle de comer depóis das doce

Estouche simpático hoxe ;-)

Os verdadeiros consellos foron estes outros:

  • Lavar o pano que levaba arredor cada dous días e voltar poñerllo.
  • Mantelo na neveira durante uns 15 ou 20 días.

Tivémolo uns 25 días, e nas fotos de abaixo do mosaico veredes o resultado. Un fermoso queixo de leite vaca crú artesanal, made in feito na casa. Onte estreámolo coas galletas mariñeiras e o marmelo da miña nai e foi unha marabilla para os nosos padáis.

Queixo Leite de Vaca Cru. Eidián A.golada

Ese cheiriño a leite de verdade, a auténtico... non o lembraba dende o último queixo do Cebreiro artesanal que mercamos hai un par de anos polo menos.

Queda na foto todos os datos e un resumo da evolución do mesmo. Tamén engado unha situación aproximada, posto que como xa dixen non estiven por alí.

Pon un queixo na túa vida! ;-)

Chuzame! chuzame -

One Response to ““Criando” un queixo”

  1. gourmetdeprovinciason 26 Abr 2007 at 7:58 am

    Así que vos metestes a “afinadores” ! (que seica é como se lle chama a este oficio de ir “pulindo” os queixos que en Francia conta con certa tradición e do que por aquí, na Península, parece que só hai unha profesional). Pois, xa sabedes, a facervos cunha cova, coas variedades axeitadas de mofos e a profundizar no asunto. ;-)

Trackback URI | Comments RSS

Leave a Reply

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Blog sen Fume