Abr 27 2007
Primeiro cabodano da paz dun fogar
Houbo un tempo no que non había presións á hora de sair a tomar os viños o sábado ou de cañas calquera día...
Houbo un tempo no que as viaxes eran planificadas en función de criterios peregrinos coma onde che apetecía, se había algo que ver...
Houbo un tempo no que podías ir cear a calquera lugar relaxadamente...
Dende hai un ano, iso xa non é así...
Agora hai que planificar visitas a concellos con bares onde sirvan pinchos, desviamos parte do noso orzamento mensual a deteriorar o noso fígado e riles, ademáis de incrementar o volume do noso tecido adiposo. Non se pode tomar un viño tranquilamente, e moito menos probar o pincho ata que a foto sexa a axeitada.
Se algún día vedes a alguén armado cun Palm e unha cámara, asexando tralos vidros dun bar para ver se hai pinchos polas barras e as mesas dos clientes ou sacándolle fotos á unha bandexiña con dous cachos de tortilla... é moi posible que toparas con Moraiminha. Tremede hostaleiros!!! De pinchos leva un ano traballando e aínda quedan moitos pinchos por descubrir.
chuzame -





por certo, que modelo de palm deberiamos buscar? …parabéns :D
Pois nos temos cadanseu Tungsten C e estamos moi contentos con eles, pero xa se nota que son do 2003. Non no funcionamento, que son unhas máquinas, senon en cousas coma que non teñen bluetooth, e as aplicacións preinstaladas non teñen tantas opcións coma as actuáis. Aínda así imos zafando.
Para novidades e recomendacións de hardware non son unha boa referencia porque procuro ir mercando trastos de segunda man, que son máis económicos e tampouco hai que ir a última en todo ;-)
Ademáis PALM actualmente está pasando por un momento delicado. Hasta que resolvan o problema do OS…
O que non sabía (nen podía imaxinar) é que andabades cun Palm por ahí adiante. ¿Tan mal vamos de memoria? ¿Tantos pinchos catamos ó día? Parafraseando a Manquiña… “demasiado profesional”. Hehehehe.
Home, non se desvelan eses secretos en calquera lugar… ;-), e diso máis ben deberías preguntarlle a Moraiminha por eles, pero teño asistido a sesións de 7 bares, e iso non hai memoria que o lembre… ;-)