Primeiro cabodano da paz dun fogar

Houbo un tempo no que non había presións á hora de sair a tomar os viños o sábado ou de cañas calquera día…

Houbo un tempo no que as viaxes eran planificadas en función de criterios peregrinos coma onde che apetecía, se había algo que ver…

Houbo un tempo no que podías ir cear a calquera lugar relaxadamente…

Dende hai un ano, iso xa non é así…

Agora hai que planificar visitas a concellos con bares onde sirvan pinchos, desviamos parte do noso orzamento mensual a deteriorar o noso fígado e riles, ademáis de incrementar o volume do noso tecido adiposo. Non se pode tomar un viño tranquilamente, e moito menos probar o pincho ata que a foto sexa a axeitada.Moraiminha en acción

Se algún día vedes a alguén armado cun Palm e unha cámara, asexando tralos vidros dun bar para ver se hai pinchos polas barras e as mesas dos clientes ou sacándolle fotos á unha bandexiña con dous cachos de tortilla… é moi posible que toparas con Moraiminha. Tremede hostaleiros!!! De pinchos leva un ano traballando e aínda quedan moitos pinchos por descubrir.

Publicado en Persoal | 4 Comentarios

“Criando” un queixo

Hai quen coma os meus pais, crían coellos, pitos e pitas, pavos, etc. Nestes casos á hora de ir de viaxe tes un problema loxístico. Alguén ten que encargarse de alimentar e manter a todos eses individuos, na túa ausencia. No meu caso, posto que vivo nun piso e a miña responsabilidade é moi limitada, decidín criar un queixo. ;-)

En realidade, o que pasou e que o 31 de marzo chegou á nosa casa un queixo recén nado, que poderedes observar na segunda imaxe do mosáico. Fora elaborado o día 29 como ben se ve na etiqueta, e deronnos dous consellos para levalo a bo fin:

  • Non mollalo
  • E non darlle de comer depóis das doce

Estouche simpático hoxe ;-)

Os verdadeiros consellos foron estes outros:

  • Lavar o pano que levaba arredor cada dous días e voltar poñerllo.
  • Mantelo na neveira durante uns 15 ou 20 días.

Tivémolo uns 25 días, e nas fotos de abaixo do mosaico veredes o resultado. Un fermoso queixo de leite vaca crú artesanal, made in feito na casa. Onte estreámolo coas galletas mariñeiras e o marmelo da miña nai e foi unha marabilla para os nosos padáis.

Queixo Leite de Vaca Cru. Eidián A.golada

Ese cheiriño a leite de verdade, a auténtico… non o lembraba dende o último queixo do Cebreiro artesanal que mercamos hai un par de anos polo menos.

Queda na foto todos os datos e un resumo da evolución do mesmo. Tamén engado unha situación aproximada, posto que como xa dixen non estiven por alí.

Pon un queixo na túa vida! ;-)

Publicado en Gastronomía | 1 Comentario

Un toque galego en Hollywood

Estes días comeme o choio. Non é que sufra unha carga excesiva, senon que a situación pola que atraveso é bastante particular, isto xunto cun ataque formativo sen precedentes na miña historia, fai que o tempo adicado ó lecer (e por extensión a este blog) estea bastante limitado, e voume ver na obriga de espaciar, polo menos durante un par de meses, as miñas anotacións.

Dito isto céntrome na batalla de hoxe ;-). Nestes días pasado tiven a desgracia de ver a versión cinematográfica de Miami Vice. Unha película completamente prescindible, da que non podo salientar máis que a cara de psicópata de Luis Tosar, con eses ollos abertos de par en par no papel de Arcangel de Jesús Montoya, un malvado narco sudamericano, que fai esquecer a aquel xuiz de Portozas, papel co que o coñecín.

Pero non é este o toque galego, senon este outro:

Pode que non sexa novidoso, pero a min fíxoseme simpático ;-). O xornal é El Mundo e a foto de Botín, pero o titular non deixa lugar a dúbida: Caixanova y Amancio Ortega ultiman la compra de Unión Fenosa al Santander. Algunha man galega elixiu esa páxina…

Publicado en Batallas,Cinema,Espectáculos | Comentarios cerrados

Informativas da AEAT e a nova versión de JAVA non se levan

Acabo de solventar un problema no choio e parece o mellor momento para comentalo, igual lle axuda a alguén.

A nova plataforma de programas de axuda da AEAT está bastante ben. Tes centralizada nunha aplicación todo, descargas as que necesitas dende a mesma, avísache das actualizacións (non sempre se poden facer dende ela, pero supoño que o irán amañando), e está todo máis ordenadiño, nunha palabra.

Problema, se non vai, quedas sen acceso a ningunha delas. Iso nos pasou hoxe cando tentabamos enviar o 349. Non funcionaba para ninguén.

Despóis de chamar á AEAT e que me dixeran que agora non me podían atender optei por tentar amañalo.

  • No visor de sucesos, nada de nada.
  • Preguntei cando fora a última execución do mesmo (foi o luns pola mañá)

Iso xa coincide coa actualización da nova versión de JAVA 1.6.1, algunha incompatibilidade hai por aí. Desinstaleino con un usuario de terminal (non o tenten nas súas casas), e maxicamente todo voltou funcionar.

Nota: Lembrar pedir un servidor de probas ós reis, para librar o de producción de todos os males. ;-)

Publicado en Cómo amañei...? | Comentarios cerrados

Imprimindo múltiples PDF

Vou inaugurar con esta anotación, un novo tema titulado PDF ;-). Aínda que case todas as miñas aplicacións son sobre AutoCAD, neste caso e noutros vindeiros, servirán tanto para este tipo de ficheiros coma para outros tipos de documento.
Hai uns días, un compañeiro pediume que lle botara unha man imprimindo uns 50 planos que nos chegaran en PDF. A miña facilidade natural para evitar o traballo, fixo que tivese que espilir e atopar un xeito de liquidar o choio no aire. Coma case sempre, levo máis tempo a procurar o xeito de facer as cousas con menos esforzo, mais iso só se pode aplicar á primeira vez xa que as vindeiras ocasións o rendemento aumenta. Máis aínda dende que documento estos pasos e os publico por aquí, onde os podo recuperar con facilidade.

Os pasos

O concepto

O problema é que hai que abrir cada PDF e imprimilo. Para aforrar esta tediosa tarefa, combinaremos todos os dicheiros nun pdf só. E logo imprimiremos un único documento.
No peor dos casos habería que agrupar os ficheiros por tamaños de papel, así habería que combinar os A4 nun ficheiro, os A3 noutro, etc.

Software

Primeiro o software necesario. Utilizaremos será o FreePDF XP, que se trata dunha interfaz gráfica de ghost script, como xa temos usado noutras ocasións. Como é habitual, software gratuito.

Ghost Script

FreePDF XP (orixinal en alemán)

FreePDF XP (traducción automática – recomendada)

A instalación non ten ningunha complicación, agás que che esixe que estea instalada a versión que el quere de ghostscript. Por iso recomendo instalar primeiro Ghost Script, e logo Free PDF XP.

Paso a paso

Temos dúas opcións:
Ou ben abrimos o FreePDF e entramos neste menú:

FreePDF unir arquivos

Ou ben prememos directamente na icona FreePDF Join e apareceremos directamente neste cadro de diálogo.

FreePDF Join

Máis sinxelo non pode ser:

A primeira icona é para cargar os PDF que queremos combinar, as frechas para ordealos, o xis para eliminar algún que cargaramos de máis e o disco garda pídenos un camiño para gardar o PDF resultante.

Sinxelo non é?

 

 

Publicado en AutoCAD,PDF | Comentarios cerrados