Mai 05 2007
Non cho digo… ou de como os blogogastrónomos tamén comen coas mans
Este é un deses bares agochados, pero que continuamente están cheos e nos que hai que facer cola para atopar un sitio. Situado en Marcón, parroquia pontevedresa, (ver ubicación en Tagzania), sorprende que en menos dunha hora é imposible xantar, e iso con sorte porque tamén te podes cruzar co servizo e non imaxinades a atención delicada que alí se presta.
Hai dous rituáis nese lugar:
- Agardar mesa. Non é que sexa habitual, pero teño ido varias veces no pasado, e aínda non chegou a primeira na que chegara e me puidese sentar á mesa.
- Dicir cantos polos queres. O único que tes que dicir o sentarte é un número (eu recomendo dous por persoa), e o que queres beber (como te digo una co', te digo la o', non tomes viña da casa).
O menú (único) inclue patacas fritidas e ensalada. Coma os tempos de espera son eternos pódese pedir un primeiro, que normalmente ves no mostrador da entrada e se compón habitualmente de marisco cocido. Cando comecei a ir ó Non cho digo, a miña liquidez era menor ca actual (que xa é dicir), por iso o único que faciamos é agardar comer pan e beber daquel viño cativo. Desta volta tomamos unhas necoriñas coas que podes ir enredando deica a hora do plato forte.
A ensalada e máis ben cativiña, polo que a foto ilustra o que fai famoso ese local.
Os polos abertos ó medio e a prancha, cunha salsa de gusto doce, que penso leva algún licor e azucre caramelizado, ata pensei que levaba unha salsa de soia moi tipo Perrins, pero precisamente o que non me gusta dela e o forte sabor a caramelo. Demasiado pensar probablemente ;-). Non é moi elegante, nin posiblemente educado, pero estes polos son para comer coas mans. Ollo non é obrigatorio, pero penso que saben mellor así.
E non hai máis, os postres son de feituría polo que preferimos evitalos, co que xa só queda unha imaxe que vai describir mellor ca min, a nosa estancia no Non Cho Digo. Mesa do Baño, enumeración de productos consumidos e importe total, hai tedes toda a información que precisades, falta ortográfica incluída.
Teño que contar unha anécdota que para min está intimamente ligada ó local.
Baseada en feitos reáis.
Non lembro nin cando foi, pero xa choveu, foramos un amigo e eu, cear alí antes de sair de festa. Tomamos unhas cervexas agardando mesa, imos aproximar, bótalle unha hora, logo outra sentados agardando os polos, xa cheos de tomar cervexas, sen comer máis ca pan, e tendo pasado a media noite, era a hora das copas. Así que Javi (que así se chama ese amigo) propuxo tomar unha copa que de seguro tardaría menos ca cea. Levanta a man, cando pasa a xefa pola nosa beira, e dille moi educado: Por favor, podes traernos dous 100 Pipers con Coca Cola?. A resposta foi moi clariña: NON. E por se tedes algunha dúbida, nunca nolos trouxo. Afortunadamente pronto chegou a prezada fonte de polos, e puidemos entreternos con algo deica a hora dos 100 Pippers.
A de veces que contei esta historia pero aínda sorrío cando o penso.
chuzame -






Parece bastante na liña do mítico Fogar do Santiso. Queda anotado para cando as ganas de comer coas máns (que como bo blogogastrónomo ás veces tamén as teño) me pillen pola zona.
Non é por quitarlle mérito a este, pero a única vez que fun o Fogar de Santiso tiña o toque enxebre que este non ten. Nin lembro o que comín, pero sí que a mesa na que estabamos sentados tiña un pendente tal, que as cuncas apenas levaban viño para non deitar por fora.
Teño que voltar a ese lugar…