Unha consola remota de WSUS 3.0

O certo é que estes días andiven bastante ocupado, por iso non houbo ningunha actualización do blog. Así que pensei que un día de resaca electoral podería ser unha boa ocasión para facer uns apuntamentos sobre un dos meus últimos descubrementos.
WSUS é o acrónimo de Windows Server Update Services. Tras este nome agóchase unha ferramenta para distribuir actualizacións nun entorno Windows. Esta ferramenta é relativamente sinxela de instalar e utilizar (ainda que che pode complicar a vida seriamente). A versión 1 que se chamaba simplemente SUS, instaleina e xestioneina por un tempo. A súa actualización a WSUS 2, foi ben ata un día e así quedou.

Recentemente pedin a instalación de WSUS 3.0, nunha máquina virtual, e de momento todo semella ir ben.

O detalle que quero comentar está relacionado coa xestión. Ata a versión 2, esta era realizada vía web. Seguramente os problemas co IIS (coma os que eu tiven), fixeron que esta terceira entrega se fixera sobre MMC. Pois ben unha vez tes a consola instalada e executándose no servidor, botas de menos, non te que crear unha sesión terminal, cara a ela, cada vez que tes que aprobar uns parches, ou simplemente para comprobar que todas as máquinas están correctamente actualizadas.

Antes coa xestión web, podías autenticarte dende calquera máquina, pero e agora?

Tes que instalar o componente da consola de administración para o cal necesitas:

  1. Executalo en Windows XP o 2003
  2. .Net Framework 2.0 (como mínimo, pero tamén vale a 3.0).
  3. MMC 3.0
  4. Report Viewer 1.2
  5. Ejecutar la misma instalación que en para instalar WSUS. Seleccionar Instalar consola de administración. Iso se che da a opción de instalar un novo servidor WSUS, aínda que o máis seguro é que so che permita instalar a consola.

Aquí ven o punto delicado. Penso que seguín as instruccións ó pe da letra, e non poñía nada máis. O que sí pasou é que o executar a consola (atopa en Herramientas administrativas -> Microsoft Windows Server Update Services 3.0) e tentar conectarme o servidor non mo permitía.

Unha vez descartados problemas co firewall, lin que era necesario engadir ó usuario que executa a consola a un destes dous grupos locales:

  • Administradores WSUS
  • Informadores WSUS

Os primeiros son os encargados de xestionar o servicio, aprobando parches, etc. e os segundos so pode consultar informes.

Engadir o usuario ó grupo axeitado (o lóxico sería ó grupo de administradores WSUS), e listo. Quero salientar novamente, que os grupos locales do servidor. Non toleedes procurándoos nos do dominio.

Xa so queda conectar a consola ó servidor… e voilà!

Esta chorrada levoume o meu tempo, espero aforrarllo a alguén.

Publicado en Cómo amañei...?,Windows 2003 Server | Comentarios cerrados

Tarjeta Regalo de Paradores. No lo intenten en sus casas.

Sempre me gustou este retrouso que utilizan utilizaban os presentadores dos programas de televisión cando algún artista, en especial escapistas, homes bala, faquires, e demáis familia, tentaba deleitar ós ávidos ollos dos espectadores, cas súas proezas. Normalmente era ridículo. Quén ten unha cama de pinchos na súa casa, ou un canon para lanzar xente?

Deixando os contos aparte, esta extrana situación sucedeume en realidade, e comentoa por se lle sirve a alguén para non caer no mesmo erro.

A historia

Este nadal pensamos en agasallar ós meus pais cunha viaxiña para que sairan da casa. Non lembro de que xeito atopamos a Tarjeta Regalo de Paradores. Semellaba unha magnífica idea, nos mercamos unha tarxetiña que lles da dereito a 3 noites e eles que elixan cando queren ir, dentro das condicións do produto.

Primeiro tentei facer a compra por internet, pero aínda que me pese recoñecelo, non fun quen, penso que insistía en facer xa a reserva, pero non o lembro ben. Como tiña presa chamei. A atención foi surrealista. Primeiro querían endosarme a reserva no mesmo momento da adquisición da tarxeta. Despois que cando pasaba polas súas oficinas, coma se todo o mundo civilizado se circunscribira a la Villa y Corte. Non me vou repetir porque penso, está perfectamente explicado na queixa, da que acompaño copia. Por favor, non vos perdades a resposta, que ten delito.

Documentación

Estas foron as mensaxes que cruzamos. Non me extendo máis, porque son suficientemente explicativas. Só foi editado o nome da responsable da contestación.

A queixa

A quien corresponda:

Estas pasadas navidades adquirí una Tarjeta Regalo Rutas, para regalar a mis padres. Lo que parecía una gran idea, se convirtió en una tremenda equivocación:

1. Una vez realizada la compra, me preguntan cuando voy a pasar por sus oficinas. Yo sorprendido le indico a su compañero, que no todo el mundo vive en Madrid y que me la deberán enviar al domicilio del agasajado (Recordemos que se trata de una tarjeta REGALO), a lo que se me responde que deberé pagar los gastos de envío. Me resigno aunque los considero un gasto oculto (en la información del producto no aparece por ninguna parte el concepto “gastos de envío”). No salgo de mi asombro pero la premura en las fechas, hace que acepte nuevamente, y me plantee reclamar a posteriori. Finalmente, el envío llega a portes pagados y me olvido del asunto. Eso sí, varios días después de lo esperado.
2. Esta semana me entero de que finalmente van a disfrutar de su regalo. Mis padres, no muy hábiles en la comunicación por internet, me piden que les descargue la reserva y cual es mi sorpresa cuando veo:
* Que en su día se les ha enviado la factura a mi nombre junto con la tarjeta. Con lo cual ya han visto el importe del regalo. Un error imperdonable.
* Que en la reserva vuelven a aparecer los importes de las noches.

Mi disgusto ha sido mayúsculo, pero al fin y al cabo son mis padres y hay confianza, pero ahora pienso en como comienza su “desinformación” : Si desea premiar, agradecer, fidelizar u obsequiar a sus clientes, la Tarjeta Regalo “Rutas” ofrece una posibilidad irrepetible de conocer España a través de variadas rutas. Me gustaría saber como reaccionaría un cliente si recibe un regalo valorado. O, en general, cualquier persona a la que uno desea agasajar. No tengo palabras ante su falta de tacto y discreción.

Debería pedir una indemnización, pero no veo la forma de resarcir el daño moral realizado más que exigirles la modificación de la metodología utilizada en este tipo de procedimientos y que me comuniquen cuando se ha producido. A la espera de ese esperado momento, considérenme un cliente agraviado, que comunicará su descontento a sus allegados.

Atentamente.

A resposta

Estimado cliente:

Acusamos recibo de su correo electrónico relativo al asunto de referencia y le agradecemos las molestias que se ha tomado en dejar constancia de sus comentarios al respecto.

En cuanto a sus impresiones sobre el proceso de venta y reserva de las Tarjetas Regalo nos gustaría aclararle que existe un procedimiento establecido y que es el que habitualmente estamos utilizando con todos los clientes que hasta la fecha han adquirido este producto y no hemos recibido ninguna queja o comentario en el sentido que usted indica.

Por nuestra parte, no hubiera habido inconveniente alguno en distribuir en dos envíos diferentes la Tarjeta y la factura siempre y cuando así lo hubiera indicado usted. Asimismo, nuestro sistema puede generar las confirmaciones de reserva sin valorar, es decir, sin que el importe aparezca en las mismas pero esto mismo hay que solicitarlo expresamente ya que el sistema informático siempre da por deferencia todas las reservas valoradas.

Por tanto, sentimos su malestar por esta situación y para próximas ocasiones no dude en consultar cualquier duda o necesidad que tenga antes de realizar una reserva o adquisición de alguno de nuestros productos para así evitar que hechos el ocurrido en este caso pueden volver a suceder.

Esperando haber aclarado sus dudas, reciba un cordial saludo.

(EDITADO)

Atención al Cliente

Derradeira comunicación

Siento comunicarles que no estoy contento con la respuesta y que acaban de reafirmarme en mi posición:

* Su procedimiento es desastroso. Cualquier comercio minorista se preocupa por eliminar el precio de un regalo. El procedimiento por defecto para un regalo debe contener una dirección de envío para el mismo y una dirección de facturación que opcionalmente, a criterio del cliente, podrían ser la misma, aunque normalmente no lo serán.
* Del mismo modo, si su sistema admite reservas sin valorar, las reservas de tarjetas regalo deberían emitirse de este modo. Otro fallo de procedimiento.

Me siento ridículo explicando estas obviedades, pero parece que cosas de aparente sentido común no se encuentra en su procedimiento.

Creo que no habrá próximas ocasiones.

Atentamente

Finalizando

Está todo dito, cada un que saque as súas conclusións. Isto non é un ataque contra Paradores. Tivemos outro pequeno problemiña e dende os propios paradores a resposta foi mellor da esperada, pero isto non quita que a xestión do produto sexa pésima. En definitiva, unha boa idea desleixada por algún incompetente.

Publicado en Actualidade,Batallas,Persoal | 2 Comentarios

Non cho digo… ou de como os blogogastrónomos tamén comen coas mans

Este é un deses bares agochados, pero que continuamente están cheos e nos que hai que facer cola para atopar un sitio. Situado en Marcón, parroquia pontevedresa, (ver ubicación en Tagzania), sorprende que en menos dunha hora é imposible xantar, e iso con sorte porque tamén te podes cruzar co servizo e non imaxinades a atención delicada que alí se presta.

Hai dous rituáis nese lugar:

  1. Agardar mesa. Non é que sexa habitual, pero teño ido varias veces no pasado, e aínda non chegou a primeira na que chegara e me puidese sentar á mesa.
  2. Dicir cantos polos queres. O único que tes que dicir o sentarte é un número (eu recomendo dous por persoa), e o que queres beber (como te digo una co’, te digo la o’, non tomes viña da casa).

O menú (único) inclue patacas fritidas e ensalada. Coma os tempos de espera son eternos pódese pedir un primeiro, que normalmente ves no mostrador da entrada e se compón habitualmente de marisco cocido. Cando comecei a ir ó Non cho digo, a miña liquidez era menor ca actual (que xa é dicir), por iso o único que faciamos é agardar comer pan e beber daquel viño cativo. Desta volta tomamos unhas necoriñas coas que podes ir enredando deica a hora do plato forte.

A ensalada e máis ben cativiña, polo que a foto ilustra o que fai famoso ese local.

Polos no Non Cho Digo. Marcón. Pontevedra

Os polos abertos ó medio e a prancha, cunha salsa de gusto doce, que penso leva algún licor e azucre caramelizado, ata pensei que levaba unha salsa de soia moi tipo Perrins, pero precisamente o que non me gusta dela e o forte sabor a caramelo. Demasiado pensar probablemente ;-). Non é moi elegante, nin posiblemente educado, pero estes polos son para comer coas mans. Ollo non é obrigatorio, pero penso que saben mellor así.

E non hai máis, os postres son de feituría polo que preferimos evitalos, co que xa só queda unha imaxe que vai describir mellor ca min, a nosa estancia no Non Cho Digo. Mesa do Baño, enumeración de productos consumidos e importe total, hai tedes toda a información que precisades, falta ortográfica incluída.

Teño que contar unha anécdota que para min está intimamente ligada ó local.

Baseada en feitos reáis.

Non lembro nin cando foi, pero xa choveu, foramos un amigo e eu, cear alí antes de sair de festa. Tomamos unhas cervexas agardando mesa, imos aproximar, bótalle unha hora, logo outra sentados agardando os polos, xa cheos de tomar cervexas, sen comer máis ca pan, e tendo pasado a media noite, era a hora das copas. Así que Javi (que así se chama ese amigo) propuxo tomar unha copa que de seguro tardaría menos ca cea. Levanta a man, cando pasa a xefa pola nosa beira, e dille moi educado: Por favor, podes traernos dous 100 Pipers con Coca Cola?. A resposta foi moi clariña: NON. E por se tedes algunha dúbida, nunca nolos trouxo. Afortunadamente pronto chegou a prezada fonte de polos, e puidemos entreternos con algo deica a hora dos 100 Pippers.

A de veces que contei esta historia pero aínda sorrío cando o penso.

Publicado en Gastronomía,Restaurantes | 2 Comentarios