Xun 15 2007
Escribindo os eñes cun teclado internacional
Dende hai unhas semanas temos un novo compañeiro portugués no traballo. Hoxe preguntoume como podía escribir un ñ co seu teclado en portugués, xa que está a traducir unha documentación ó castelán.
O primeiro foi pensar en usar a barra de idioma, pero non semella moi práctico, cambiar cada vez que teña que escribir un.
A segunda opción foi buscar no soporte de Office, curiosamente a resposta non funcionou: CTRL+MAYÚS+~ (TILDE), letra.
As solucións efectivas que atopei foron:
- En Ms WORD exclusivamente, CTRL + ~ , n para escribir un ñ e CTRL + ~ , SHIFT + n para un Ñ. Por se hai algún despistado, saliento que a vírgula é para indicar que primeiro hai que premer unha combinación e logo outra.
- A posibilidade clásica que sirve en calquera parte do Windows (polo menos en XP), é ALT+164.
Pode serlle útil a calquera que ande polo estranxeiro voluntaria (de vacacións) ou involuntariamente (por traballo).
chuzame -





E pra ter un “ã” nun teclado español basta con alt+0227.