Moraima nos medios

Mentres ando a desfrutar dunhas breves e merecidas ferias, volto novamente a falar do Albariño Moraima. Nesta ocasión para facer unha pequena escolma do aparecido nos medios sobre esta nova bodega. É unha cuestión máis sentimental que outra cousa. Dentro dun tempo será fermoso lembrar estes momentos de incertidume, e ter un lugar onde recopilar os primeiros pasos nos medios de comunicación.

Prensa

As primeiras capturas das novas nos xornais. La Voz de Galicia, Faro de Vigo e Diario de Pontevedra, escribiron sobre a inauguración da adega.

Prensa especializada

Comentario de El placer de beber na revista Epicur do mes de decembro do 2007.



Televisión

Reportaxe sobre Viña Moraima emitido no apartado O Agro do programa A Revista da TVG, o 17 de xullo de 2007.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/AKIOaCfL8SU" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Extracto do reportaxe sobre Barro emitido en Desde Galicia para o mundo da TVG, o 26 de agosto de 2007, no que se menciona Viña Moraima.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/DnaK7sApIjw" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Internet

Vou salientar as tres primeiras mencións, e deixar que google remate o traballo. Así quedará constancia dos precursores, e seguirá a actualizarse a información.

Patrocinios

Moraima é un dos patrocinadores da 10ª Regata de Cruceros do Real Club de Mar de Aguete.

Outra información

Dosier de prensa de Viña Moraima:

Radio

De paso tiña ganas de probar a insertar audio (podcast), nunha anotación, e esta é unha magnífica ocasión porque dispoño da entrevista que lle fixeron a Salomé Cancela en Radio Galicia Cadena SER. O programa: Arroz con Chicharos, dirixido e presentado polos noso compañeiro blogogastrónomo Miguel Vila, e que foi emitido o 3 de xuño de 2007.

É a miña primeira experiencia e non domino o plugin, pero penso que haberá que premer nalgún botón dos que aparecen polo pe da anotación.

Publicado en Actualidade,Gastronomía,moraima,Persoal | Comentarios cerrados

Escribindo os eñes cun teclado internacional

Dende hai unhas semanas temos un novo compañeiro portugués no traballo. Hoxe preguntoume como podía escribir un ñ co seu teclado en portugués, xa que está a traducir unha documentación ó castelán.

O primeiro foi pensar en usar a barra de idioma, pero non semella moi práctico, cambiar cada vez que teña que escribir un.

A segunda opción foi buscar no soporte de Office, curiosamente a resposta non funcionou: CTRL+MAYÚS+~ (TILDE), letra.

As solucións efectivas que atopei foron:

  1. En Ms WORD exclusivamente, CTRL + ~ , n para escribir un ñ e CTRL + ~ , SHIFT + n para un Ñ. Por se hai algún despistado, saliento que a vírgula é para indicar que primeiro hai que premer unha combinación e logo outra.
  2. A posibilidade clásica que sirve en calquera parte do Windows (polo menos en XP), é ALT+164.

Pode serlle útil a calquera que ande polo estranxeiro voluntaria (de vacacións) ou involuntariamente (por traballo).

Publicado en Cómo amañei...? | 1 Comentario

Inauguración da Adega Viña Moraima

Non che estou afeito a ter unha vida social tan activa coma a desta fin de semana, e aínda sen terme recuperado totalmente dun día tan intenso, paso a relatar brevemente o que aconteceu na inauguración da Adega Moraima.

Adega Moraima

Despois de algo máis de dous anos de traballo viu a luz oficialmente Moraima, un caldo 100% Albariño pertencente á Denominación de Orixe Rías Baixas, da subzona de O Salnés en Barro (Pontevedra); e a pesares de ser este un concello ó que viñeron mercar uva albariña adegas de outras subzonas, esta é a primeira cooperativa de veciños que se unen nunha iniciativa conxunta para procesar esa materia prima, e obter un valor engadido que quede no propio concello.

Non se trata dunha adega que invertira en ladrillo (como gustan de dicir os socios). Así, non se aloxa nun edificio singular, nin ten un fermoso viñedo ó redor, en definitiva non esperedes atopar unha especie de Falcon Crest se visitades a adega. O viño é o único importante alí.
Como hai que vendelo, os 11 implicados nesta aventura, argallaron un pequeno acto de inauguración, para presentarse en sociedade, e anunciar que Moraima está no mercado.

A mañá

Para adaptarse á axenda do Conselleiro de Medio Rural, houbo unha pequena presentación pola mañá. Alí estiveron Alfredo Suárez Canal, e o delegado provincial da consellería, Gonzalo Constenla. Na imaxe vémolos atentos á explicación de Salomé Cancela, unha das cooperativistas, tamén coñecida como moraiminha.

Conselleiro de Medio Rural, delegado provincial e Salomé Cancela de Adega Moraima

Isto foi ás once da mañá, co que as doce eu xa levaba tres Moraimas enriba, e decidín que era moi cedo para abusar.

A tardiña

Ás 19:30 comezaba o acto oficial. Uns 250 invitados facían acto de presencia, entre os que salientarei ós blogogastrónomos que se animaron a compañarnos. Ós señores de Geiko que desgraciadamente tiveron que abandoarnos antes de probar o viño, por un compromiso previo. Tamén estaba Manuel Gago autor dunha das primeiras críticas de Moraima, e deixo para o final a Soledad Felloza, que deixou a súa pegada coma mestra de cerimonias.
E de novo, a visita de autoridades pola tarde. Gonzalo Constenla repetiu, nesta ocasión acompañado de Maika Larriba, Delegada Provincial da Consellería de Presidencia. Ambos tiveron unha pequena intervención, ó igual que a Vicepresidenta Salomé Cancela, e o Presidente José Bermúdez. Finalmente, Sole fixo un brinde cos versos de Celso Emilio Ferreiro do mesmo nome , e ó tempo que finalizaba o acto protocolario, comezaba a degustación, mentras Isa nos deleitaba coa súa voz e a canción de Moraima que Ana Belén canta con Milladoiro. A festa alongouse ata pasada a unha da mañá para os máis reaccios a finalizar o día. Entre os que, por suposto, me atopaba… A
Socios e Soledad Felloza

Remato esta pequena crónica coa foto de dez dos socios xunto a Soledad Felloza. Falta Tino González que non puido acompañar ó resto dos fundadores por motivos familiares.

Non me considero suficientemente obxectivo para falar das características do viño, esa xa é labor dos entendidos. Eu confórmome con seguir disfrutando de Moraima.

Publicado en Actualidade,Gastronomía,Persoal | Comentarios cerrados

Unha boa recomendación: Ricos de Melide

Nunha recente viaxe a Lugo que non tiven tempo aínda de relatar, fixemos unha paradiña en Melide. Guiados polas sempre excelentes recomendacións de Gourmet de Provincias, andivemos á procura dos Ricos. Son estas unha especie de galletas alongadas, nas que hai roer un bo ratiño, e que teñen un sabor a tona ou manteiga, que me trasladou a momentos felices da infancia nos que a miña nai preparaba unhas inesquecibeis galletas de nata, pero con nata do leite (ciencia-ficción hoxe en día).

Na foto compáranse dous fermosos exemplares de Ricos. A nosa primeira incursión na vila foi nun supermercado, obrigados polas compras de última hora, e sen querelo tropezamos cunha bolsiña deles (os da dereita) e xa caeu no noso cesto. Mentres roíamos neles, visitando a feira que nese momento estaba ben concurrida, pasamos a zona peonil, e vimos outro feixe deles xunto duns melindres nun vello escaparate. Alí mercamos o exemplar da esquerda, en realidade ese e uns cantos compañeiros que xa non se atopan entre nos. Vou indicar unha situación aproximada daPublicado en Gastronomía | 3 Comentarios