xull 07 2007

O que nunca debería facer un blogogastrónomo

Published by makeijan at 3:54 am under Actualidade, Batallas, Gastronomía, Persoal

Hoxe, a tantos de tantos de tantos (auténtica imitación dos meus mentores Faemino y Cansado), a unha hora ben intempestiva, penso que son o primeiro en comentar algo da terceira blogoxantanza.

A miña primeira opinión do día, é unha pequena reflexión sobre un comentario realizado polo Gourmet de Provincias sobre a cociña de mercado. Non podo máis que concordar coa súa opinión, e anticiparme ao menú sorpresa do Crujeiras en A Estación.

A miña aposta persoal está ó redor dun ingrediente: o foie. Sei que é inxusto valorar a priori un menú, pero quen me dera neste momento poder espetarlle ó Sr. Adúriz, que realmente está equivocado, e que un Coruñes dende o fin do mundo pode deleitarnos cunha perfecta combinación de ingredientes cercanos, cunha chea de combinacións exóticas sen ter que caer no sota, cabalo e rei dos ingredientes de moda.

Son un fanático do foie, pero penso que non debería abusarse del, en según que menus. Non por nada, senon porque non é de aquí. De novo non por nada, senon porque aquí temos ingredientes de abondo para facer unha cociña superior, sen ter que procurar elementos alleos. Non estou en contra da fusión, pero non podo máis que concordar novamente con Colineta na súa historia das Alien-Centolas.

Quen lle dera ó mellor dos chefs franceses papar unha centola da ría...

E para quen aquí chegara e quixera ler algo da III blogoxantanza que prema aquí.

Chuzame! chuzame -

2 Responses to “O que nunca debería facer un blogogastrónomo”

  1. [...] Another Cow in the Corn: O que nunca debería facer un blogogastrónomo Diario del Gourmet de Provincias: III XANTANZA DE BLOGS GASTRONÓMICOS DE GALICIA [...]

  2. [...] Non hai home… « O que nunca debería facer un blogogastrónomo [...]

Trackback URI | Comments RSS

Leave a Reply

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Blog sen Fume