Xull 19 2007
SummerCase 2007 BCN (I). As frases
Esta fin de semana pasada disloqueime a Barcelona para desfrutar das dúas maratonianas xornadas do SummerCase. É posible que vaia comentando o que foi dos concertos, máis o primeiro compromiso que adquirín foi publicar as lapidarias sentencias que por alí se verqueron. Non ten máis interés que o que lle poidamos dar o trío de implicados, pero é unha mágoa que se perdan como bágoas na choiva...

As frases
El Rock'n'Roll está muerto. DVD
Constatación de que todas as bandas do festival eran POP. Ben, TechnoPop, Power Pop, Pop Rock, Folk Pop... e calquera outra definición que lle queiras dar. As guitarras distorsionadas rareaban e os maquinillos e programacións xurdían coma fungos.
David es muy bueno. Iolanda
Demostración de que algunhas mulleres están moi enganadas, de que todos temos un pasado, e que é mellor que quede alí ... no pasado. O malo é que sempre levamos as culpas do comportamento de terceiros, os mesmos. Coma se tiveramos algún extrano poder de control mental que fixera que se transformara a xente.
Si total vais a estar fumando porros todo el tiempo. Segurata
Afirmación do garda de seguridade que rexistrou a nosa mochila. Levabamos, botellas de auga, bocadillos, chapeus para o sol do serán, e chaquetas para o fresco da noite. El non sabía que non acostumamos fumar ... é que as botellas non levaban auga ;-)
Se ha roto un plato... Y una taza, pero lo vamos a arreglar con super glue. Ginés
No comezo da actuación de Astrud, Ginés deitou estas espectaculares palabras, con ese sotaque tan característico.
Manolo y Genís. Cesarin
Obviamente se refería a Ginés de Astrud, pero estivo media noite co Genís, por aquí e por aló. Non teño documentación gráfica, mais sirva este video espectacular como ilustración.
Rectifico, seica é Genís así que o final os errados eramos nos ;-)
Hoy me han hecho preguntas dificiles, pero esta es la peor. Un camareta
Esta é a resposta á "Dúas tónicas, por favor". Tan raro son?
¡¡¡Joder!!!. Outro camareta
Hai xente particular en calquera lugar, pero... son eu o raro por pedir tónicas?
¿Pero que dice esa yonki?. Cigana
Esta historia daba para un corto, pero non me atrevín a sacar a cámara. Abreviando, esto foi o que dixo unha rapaza cando parou o metro, e dende megafonía se nos informaba de que había un pequeno retraso na saída. Había que estar alí para vivilo. Espectacular.
This one is tireless. Andy McCluskey
Para comezar Talking loud and clear, Andy de OMD, que non podía consigo, despois de ter botado coma un tolo nos primeiros temas do memorable concerto.
churri, churri, churri, churri. Cesarin
Para os que non coñezades este temazo, hai vai o video de Kaiser Chiefs - Ruby
Sustituindo Ruby, por Churri, entenderedes de que falo.
Bisbal en 10 anos rockero, con Mana de telonero en elvilla rockbledo. David
Predicción da evolución musical de David Bisbal, a raiz do uso de guitarras eléctricas neste derradeiro disco. Iso que eu non o merquei, porque non lle perdono o que lle fixo a Chenoa ;-)
Noche de reyes... ¿por qué no folláis?..David
Triangulo de amor bizarro que non actuaban no SummerCase, estiveron presentes en espiritu, con estas frases. ¿Por qué non folláis? ¡Miedo me dáis!
Desfrutade do tema. Está gravado con pouca calidade, pero o importante é o concepto.
chuzame -





Co interés que desperta César no sector feminino do Centro de Empresas vai e declárase fan dos Astrud!!!
que pérdida!!!
Non muller, se o final vou ter que engadir unha frase postuma (referida ao SummerCase, claro): “Cesar es muy bueno”, co cal por simple eliminación vai resultar que o malo… SON EU!!!
… pero non hai ke probar de to … por certo … unha recomendación cinéfila acorde coas miñas últimas tendencias: CHUECATOWN !!! os quiero, os adoro, os quiero dar ….. zapatilla.