Xull 23 2007

Tartar de bonito e guacamole sobre galleta mariñeira

Published by emanem at 9:00 am under Gastronomía, Receitas

Ante o reto lanzado por Colineta, engadimos unha nova receita coa base da galleta mariñeira, que agardo deleite a quen se anime a imitarnos.
Antes de comezar quero salientar que os ingredientes foron elexidos en función do que tiñamos por casa, e penso que agás o bonito e o aguacate, todos poden ser substituidos, engadidos ou eliminados, con similares resultados, pero matices máis cercanos ós gustos de cada un. Por unha banda na soia procuramos evitar as que teñen unha base de caramelo, que dan un sabor tan doce. E preferible un sabor máis puro con ese toque salgado, que xunto cas anchoas evitan o engadido extra de sal. Tamén foi unha mágoa non ter cilantro, que se cadra lle daría un toque máis fresco, mais pola contra disfruto duns dos mellores aguacates ós que tiven acceso. Son dunha árbore na eira dos meus pais, e está marcado en tagzania por se alguén quere ir velo dende fora, especialmente Chus e Cesar que se amosaron moi interesados nel cando falei do tema na III Xantanza.
Imos ó choio.

Ingredientes

Para o tartar de bonito:

  • Bonito de Burela
  • Ceboleta
  • Alcaparras
  • Anchoas
  • Salsa soia
  • Mostaza de Dijon
  • Aceite de oliva virxe
  • Pementa branca moída
  • Pirixel

Para o guacamole:

  • Aguacate
  • Ceboleta
  • Aceite de oliva virxe
  • Zume de lima
  • Sal

Preparación

Comezaremos co tartar

Limpamos o bonito de pel, espiñas, sangue e calquera resto de visceras, e procedemos a picalo en anaquiños cun coitelo ben afiado. Aplicamos o mesmo tratamento á ceboleta, alcaparras e anchoas.
Posteriormente botámos todos estes ingredientes nun bol un a un, e remexemos para misturalos uniformemente. Engadimos progresivamente e remexendo entre un e outro, a mostaza de Dijon, o aceite de oliva virxe, a pementa branca que preferiblemente será moída no momento, e pirixel finamente picado.

Seguiremos co guacamole

Pelar os aguacates, escollendo os máis maduros e retirar a semente. Esmagalos coa axuda dun garfo, engadimos a ceboleta picada miuda, un petisco de sal, un fío de aceite de oliva virxe e o zume de lima. Misturar ben.
Lembrar que o aguacate oxida con rapidez e aínda que o zume de lima retrasa este proceso, convén preparalo xusto antes de servilo.

Presentacións

Postos a experimentar optamos por realizar tres presentacións distintas. Como non temos claro, cal é a máis axeitada, deixamos a cada quen esa complicada papeleta.

Guacamole - Tartar de bonito

Nesta primeira imaxe temos unha cama de guacamole sobre a que pousamos o tartar aproveitando un molde en estrela.

Bonito e guacamole
A continuación, cun molde de ferradura, temos dúas variantes. O tartar no molde e por riba o guacamole, ou ben aproveitar o espacio interior da ferradura para introducir o guacamole.

Que o disfrutedes.

Chuzame! chuzame -

6 Responses to “Tartar de bonito e guacamole sobre galleta mariñeira”

  1. […] Tartar de bonito e guacamole por emanem (ACITC). […]

  2. ddron 30 Xull 2007 at 8:19 am

    El limón retrasa la oxidación del aguacate, pero también influye demasiado en el sabor final del guacamole. A mi no me gusta nada usarlo. Para evitar la oxidación, es suficiente dejar el hueso del aguacate dentro del guacamole.

  3. makeijanon 30 Xull 2007 at 8:23 am

    En realidad hablo de lima, mucho más suave y menos ácida, pero agradezco el consejo igualmente.

  4. […] Cando aínda estaba a montar a miña teoría xaponesa, as Vieiras e ramallo de mar (Codium) semella que remataron de confirmar as miñas cábalas. As vieiras presentáronse fileteadas e crúas, separádas dunha crema de codium, por un fío de reducción (coido que de vinagre de módena). Por riba algún gromo, migas de pan fritido e perifollo, que lle dou ese toque anisado que inicialmente confundimos co fiuncho, do que non son gran afeccionado, pero que teño que recoñecer dou un punto gracioso ao plato. Amante como son dos sabores en estado puro (1) (2) estes dous pratos foron os que mais me sorprenderon. […]

  5. jorge alveson 08 Mar 2008 at 7:56 pm

    Adorei as receitas e fiquei de pedra em descobrir que entendo o galego perfeitamente. Parabéns!
    Jorge, Rio de Janeiro

  6. makeijanon 09 Mar 2008 at 12:16 pm

    Adorei cun brasileiro me deixara un comentario.
    Obrigado pela visita. ;-)

Trackback URI | Comments RSS

Leave a Reply

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Blog sen Fume