Xull 26 2007

Tatuaxe… extrano?

Published by makeijan at 11:34 pm under Batallas, Intres, Persoal

Disque hai xente para todo, e este é un exemplo dos que confirman a sabiduría popular. Eu non son de mutilacións corporáis, nin perforacións, nin tatuaxes... Non quero que se me malinterprete. Quero dicir que a min non me gustan e non teño pensado pasar por unha tortura dese tipo, pero que cada un faga o que queira co seu corpo.

Agora vou amosarche unha imaxe. Qué ves aquí?

Tatuaxe debian

Haberá quen nestaa foto só vexa unha especie de espiral, e quen vexa... o logo de Debian. Para os que pertenzan ó primeiro grupo tiraremos de wikipedia para cultivalos.

Un cachiño da foto orixinal, será máis esclarecedora.

Tatoo debian

Agora ven a parte negativa do asunto. A rapaza (Elisa non vou dar o teu nome, para manter o anonimato) ten un portátil con Windows Vista, e a función do debuxo é estético-sentimental, moi alonxado da visión romántica do software libre, que poderiamos imaxinar.

Chuzame! chuzame -

Trackback URI | Comments RSS

Leave a Reply

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Blog sen Fume