Vibrasons 2007

Compromisos varios, estado de saúde, traballo, etc. impediron que asistira as tres xornadas que durou o Vibrasons, festival que se celebra por primeira vez este ano na Praza do Teucro de Pontevedra.

O primeiro día quedei con gañas de ver a Los Coronas mítico grupo, formado con compoñentes de Sex Museum e Pleasure Fuckers. Será doutra volta.

Recoñezo que o segundo día ía ver a Cooper. Xa me gustaban Los Flechazos e o novo proxecto de Alejandro seguía a chamarme. Hai uns anos, nunha visita a León, coincidiu que tocaba alí, e aproveitamos para velo na casa. Non defraudou. Merquei o disco, coa entrada ía de agasallo un CD Single – Rabia.

A quen si vin por primeira vez foi a Lucky Soul e se xa me gustou en directo, os temas que oio na súa páxina, aínda me enchen máis. Transpórtanme a unha época que non vivín os 60s británicos, a movida mod, con eses arranxos instrumentais de metais, cordas que para unha nova banda sería inviable levar de xira. Impecablemente vestidos, e con algunhas baixas, unha atípica formación de 4 compoñentes cunha única guitarra acúsitca, en lugar dos 6 que aparecen na súa páxina web, repasaron o seu discoThe Great Unwanted editado recentemente.

Terei que seguirlles a pista, agora que o Summer Case me convertiu nun popeiro irredento.


Cooper decepcionáronme un pouco. O son distorsionado dende o comezo contrastaba coa limpeza de Lucky Soul, probablemente por un altofalante reventado que metía un ruido intolerable. Uns movementos perto do baixista, fixome pensar que os problema viñeron desa banda. Aínda así non había comparación. O que sí tiña Alejandro na súa man eran uns temas que xa coñecía e iso sempre axuda, aínda que non foi suficiente. Unha mágoa…

Pecharon Koacha que para vin dende un local cercano. A súa potencia fixo que saíra xunto con eles nun único bis, para disfrutar dun magnífico tema. Moi na liña deste pop guitarreiro de discoteca como Franz Ferdinand, ou iso me pareceu a min. Bo fin de festa.

Foi o primeiro, e esperemos que non sexa o derradeiro Vibrasons.

Publicado en Espectáculos,Festivais | 1 Comentario

1 Comentario so far

Suscríbete a los comentarios RSS

  1. Xuñ 27, 2014 a las 7:22 a.m.

    garcinia cambogia gnc dice,

    garcinia cambogia gnc…

    Resultados da busca páxina Search for páxina at Another Cow In The Corn…

Lo sentimos, pero los comentarios están cerrados para esta entrada.