Ago 20 2007

SummerCase 2007 BCN (III). O menú

Published by makeijan at 8:10 am under Actualidade, Espectáculos, Festivais, Persoal

Quen me coñeza, saberá que ando ben lonxe de ser un snob. Por unha casualidade me atopo entre os blogogastrónomos, e ainda que aprecio un bo xantar, o día a día e sobretodo ocasións excepcionáis, obrigan a recurrir a un dos instintos básicos: Alimentarse. Digoo deste xeito, para que quede clara a diferenza con comer.

Unhas desas ocasións son os festiváis onde se ven podemos xantar ben, a cea é máis complexa, xa que un ten que estar ao que está, e nun evento deste tipo o importante é a música. Foi por iso, que fixen esta foto, mentres tocaban os Kaiser Chiefs no Summer Case (senon me equivoco).
Adiviñanza: Que hai nos envases?

No vaso de cartón: Cervexa

Na botella de auga: Xenebra

Na bolsa de papel: Hamburguesa cociñada hai 6 horas, na outra punta da cidade, co que logramos que a leituga e o tomate se atopen perfectamente confitados, e todos os sabores se integren nun só. Do mesmo xeito o 20% da graxa está impregnada no papel polo que xa non desfrutaremos dela.
Na caixa de galletas: .... galletas!!!

Finalmente a sobremesa, a base dun clásico...

Espero que os meus compañeiros blogogastrónomos saiban desculpar esta deshonra e continúen a falarme... ;-)

Chuzame! chuzame -

3 Responses to “SummerCase 2007 BCN (III). O menú”

  1. cesarinnon 23 Ago 2007 at 8:43 am

    tremenda foto !!! ke bó estaba o papeo !!! despois do churri churri churri churri y antes das fotos con poses en sofás rojos !!! de vicio … todo compacto … tipo vigueta … perfecta fusión (cebola-burguer = aceiro-formigón). Hai ke potenciar o material nas escolas de enxeñería do pais, calculade o coeficiente de elasticidade E ??
    O detalle dos sugus co setlist do festival !!! te sailes !!!
    ¿lembraste doutro clasico? os cachorros de paredes de coura o ano de pj e placebo !!! ke pena dunha foto !!!

  2. xmanoelon 26 Ago 2007 at 5:36 pm

    Deduzco que ou ben estabades adicado á loxistica da hamburguesa, ou ben non daban de comer nada no Foro este. Porque xa son ganas de viaxe.

    No aspecto culinario non hai comparación co de Paredes de Coura ou o de Vilar de Mouros, cos seu frango, bifes e cachorros. Hai que propoñer boicotear estes eventos que caban en -case.

  3. makeijanon 27 Ago 2007 at 4:01 pm

    Tes toda a razón…, non so iso, senon que os prezos son ben diferentes.
    Lembremos que Paredes de Coura é para estudantes e xente ociosa porque vai de luns a xoves e alguén ten que choiar ;-).

    Por certo,… bifes? … non eran bifanas?

Trackback URI | Comments RSS

Leave a Reply

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Blog sen Fume