Ago 27 2007
SummerCase 2007 BCN (e IV). Imos rematando…
Esta fin de semana, máis concretamente a noite do venres, foi o catalizador deste derradeiro post sobre o SummerCase.
Aínda vou por aí coa pulseira de entrada, e por riba levaba a camiseta do Festipack, co que foi doado identificarme no Lolapop en Ponte Caldelas, lugar onde se desenvolven os feitos desta e da vindeira batalla.
Naquela noite, atopamos a 5 persoas máis que tamén foran ao festival. Deles, tres aínda levaban a banda azul no pulso. Qué míticos somos!
A casualidade fixo que tamén viramos á nosa veciña no avión (esta historia é máis longa e deixoa para a vindeira batalla). Non sei se lembrará do que alí falamos, pero entre as aventuras e proxectos dos que falamos, concordamos en que un dos mellores momentos fora a actuación de O.M.D. e como tiña un video cativo da actuación decidín compartilo co resto de vos, pobres mortáis que non estabades alí entre os elexidos, baixo unha carpa onde se amalgamaban adolescentes e outros que nos resistimos a deixar de selo mentres comezaban os particulares tons teléfonicos de Maid of Orleans.
chuzame -




