Set 15 2007

McCondom: un preservativo con sabor … A WHISKY!

Published by makeijan at 8:19 pm under Batallas, Persoal

Estes días estou a celebrar o meu aniversario, unha desculpa coma calquera outra para xuntarse cos familia, os amigos e outros animáis. Ó redor dunha mesa, con boas viandas e mellores caldos poñemonos ao día das vidas de uns e outros ata que chega un momento no que che entrega un agasallo que non agardas. Ábrelo e atopas isto:

Os condóns non teñen nada de especial, pero algunha vez oirades algo de uns con sabor a whisky? Eu non. Vese que teño pouco mundo. Por certo Facas, xa sei onde o mercaches. Seguramente os que estiveran visitando a Perfida Albión nestes últimos anos xa os teñan visto.

A caixa indica un URL a unha páxina que non funciona (polo menos agora), e iso fixo que buscara outras referencias. Así caín nesta outra páxina que seica fan preservativos cun sabor a mango, kiwi e plátano máis vitamina E!. Un non deixa de sorprenderse nunca, pero neste sector xa non creo que me pase. De todos xeitos, vou facer unha proposta: para cando condóns con Omega 3?

Chuzame! chuzame -

One Response to “McCondom: un preservativo con sabor … A WHISKY!”

  1. Fada Brancaon 17 Set 2007 at 4:34 pm

    Mima, acabo de quedar cos ollos coma pratos, sabias que había cousas por ahí pero isto vai ser que non. Prometolle que visitarei asiduamente o seu blogue que isto promete

Trackback URI | Comments RSS

Leave a Reply

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Blog sen Fume