Set 18 2007
Minihamburguesas de bonito ao curry con queixo de San Simón sobre galleta mariñeira
Cun título así poucos segredos quedan, co que non queda máis ca xustificarme ca seguinte historia. Á miña muller non lle chaman moito as cousas crúas, e coma ela, sempre podemos atopar alguén cuns gustos similares, por iso decidín cociñar o bonito, de xeito que os comensáis menos abertos a novas experiencias puideran degustar un prato similar, ao tempo que experimentaba un pouco.
Coma sempre primeiro darei os ingredientes:
Ingredientes
Para as minihamburguesas
- Bonito de Burela
- Ceboleta
- Xema ovo
- Alcaparras
- Mostaza de Dijon
- Aceite de oliva virxe
- Pementa branca moída
- Sal
Para o enfariñado:
- Fariña triga
- Curry
Presentación:
- Leituga rizada (crecha?)
- Queixo de San Simón
Preparación
As mini hamburguesas.
Limpamos o bonito de pel, espiñas, sangue e calquera resto de visceras, e procedemos a picalo en anaquiños cun coitelo ben afiado. Aplicamos o mesmo tratamento á ceboleta, alcaparras e anchoas.
Posteriormente botámos todos estes ingredientes nun bol un a un, e remexemos para misturalos uniformemente. Engadimos progresivamente e remexendo entre un e outro, a mostaza de Dijon, o aceite de oliva virxe, a pementa branca que preferiblemente será moída no momento, e pirixel finamente picado.
Enfariñar e fritir
Misturamos nun prato fondo unha pouca fariña triga, con curry. Como todo, vai ao gusto de cada un, pero tentaremos non enmascarar demasiado o sabor do bonito.
Chegados a este punto teño que recoñecer que a idea inicial era a de facer albóndigas máis a falta de consistencia decantoume por premelas un pouco e fritilas con aceite de oliva, e así foi como se convertiron en hamburguesas.
Presentación
Finalmente, cubrimos a galleta mariñeira cunha pouca leituga crecha picadiña e pousamos a hamburguesa enriba desta.
Relamos un pouco de queixo de San Simón, e fundímolo cunha pá de queimar para potenciar o seu propio aroma afumado.

Aproveito para lembrarlle aos interesados que estou a facer unha pequena escolma de receitas con galletas mariñeiras onde anoto todas as que facemos en ACITC e outras que vou atopando por aí, de momento todas de blogogastrónomos.
chuzame -





[…] Minihamburguesas de bonito ao curry con queixo de San Simón sobre galleta mariñeira por makeijan (ACITC) […]
POr deus ke boa pinta, ainda ke non son dada a estas mañas creo ke o tentarei
Gracias polas túas visitas e comentarios. Non sei se estarei a altura do esperado…
Aí lle diches. Mira que eu falaba estes días de nova cociña lucense!
Xa vin que tiveches máis sorte ca nos co España…
O meu non é nova cociña luguesa, só un pouco de reciclaxe de ingredientes e ideas.