Set 04 2007
Erro (0×000014c9),5321 en BAB r11.5 sp3 (II)
Despois de tanto ocio igual hai que poñerse con algo productivo, que xa hai máis dun mes da última anotación práctica. ;-). Continuemos pois co...
Segundo problema
O problema en sí apareceu tras a aplicación dos parches para solventar o erro dos temporais cst*.tmp.
O erro (este de debaixo), produciuse ao aplicar o SP3, prerrequisito para a instalación da actualización que solventaba o problema dos temporáis.
Todo foi ben ata que, de súpeto, quedei sen licenza e ao ir comprobar se estaba ou poder engadila, atopaba esta pantalliña:
Estaba claro que tiña que espilirme para atopar unha solución, porque estaba sen copia de seguridade.
Solución
Todo se reduce a conseguir rexistrarnos de novo. Para iso realizaremos os seguintes pasos:
- Executar regedit.exe dende a liña de comandos ou Inicio -> Executar
- Sempre que se fedelle no rexistro, compre facer un backup (polo que poida pasar).
- Ir a:
HKEY_LOCAL_MACHINE\SOFTWARE\ComputerAssociates\License\Products.Aquí hai varias pastas que supoño identifican os distintos productos, e dentro delas as súas chaves correspondentes. Se queremos atopalo rápidamente, procurar a chave e listo. - Eliminar a chave.
- Executar:
%programfiles%\CA\SharedComponents\CA_LIC\CALicnse.exe Sairá a pantalla de aquí debaixo:
- Agregar a chave e listo.
Eu sudei para atopar este executable. Foi porque non teño instaladas as aplicacións %programfiles%, senon noutra pasta dunha unidade distinta de %systemdrive%, e como podedes comprobar o roteiro de instalación dos Shared Components ven predefinido.
A min funcionoume, e a ti?
chuzame - 




