Nov 21 2007
De castelos por Castela. Viaxe 2007.2 (III)
Deixarse caer nos brazos de Dioniso é toda unha tentación. Se o combinas cun pouco de cultura, estarás no camiño da perfecta viaxe. Eis comezou a nosa pequena procura de pedras vellas.
Valladolid e Castelo tagged map by user - Tagzania
O roteiro dos castelos de Valladolid, inclue máis dunha ducia destas fortalezas medievais en distintos estados de conservación, das cales só visitamos as tres que amosa o mapa.
Desviarse 1 km para voltar 25 anos atrás non ten prezo. Así me sentín cando vin as formas do Castelo de Villalonso, o primeiro que visitamos, alumeado polos inclinados raios do solpor. Era como voltar a estar na alfombra da habitación, montando o meu pequeno Exín Castillos. Tal como se ve na foto, estabamos no medio dunha eira de trigo colleitado. Atravesándoa a andar, para atallar, demos unha volta ao seu redor, e descubrimos un depósito de auga que afeaba a estampa, ademáis dunha curiosa utilización dos seus vellos muros. Un Frontón.

A continuación visitamos o Castillo de los Téllez de Meneses en Tiedra nun estado bastante lamentable, pero transmitindo, aínda, respeto dende o alto dun outeiro. Finalizando o mini tour acercámonos deica o Castillo de los Enríquez en Torrelobatón, cunha impresionante presenza, recentemente rehabilitado, e do que non puidemos ver o interior.
Chamoume atención a utilización destes edificios como silos e pombáis. Curiosos usos lles deparou a historia a quen en tempos mellores albergou nobres, soldados e servos, presenciaría batallas e quen sabe que máis...
Para os interesados deixo máis imaxes no seu album.
chuzame -





[…] Gold News wrote an interesting post today!.Here’s a quick excerpt Deixarse caer nos brazos de Dioniso é toda unha tentación. Se o combinas cun pouco de cultura, estarás no camiño da perfecta viaxe. Eis comezou a nosa pequena procura de pedras vellas. tagzaniapaste Valladolid e Castelo tagged map by user - Tagzania O roteiro dos castelos de Valladolid, inclue máis dunha ducia destas fortalezas medievais en distintos estados de conservación, das cales só visitamos as tres que amosa o mapa. Desviarse 1 km para voltar 25 anos atrás non ten prezo. Así me sentí […]
Recoméndote que, se tes ocasión, visites a vila de Urueña. Está no quilómetro 205 (máis ou menos) da A6 e o desvío é duns cinco quilómetros.
A vila é moi pequena, está amurallada e é unha preciosidad. Por non falar da igrexa que hai no val, xunto da casa que, segundo me dixeron, é de Amancio Prada.
Coñezo Urueña, fermosa vila, co único museo de campás do mundo (ou iso din).
Como gusto dicir, procuro non repetir as visitas, que o planeta é moi grande e queda moito por ver e a vida non da para moito.
Gracias igualmente pola recomendación, o da igrexa non o sabía.