Dec 03 2007

Villafáfila - Viaxe 2007.2 (IV)

Published by emanem at 9:09 am under Castela-León, Persoal, Viaxes

Con Feli e as nenas, saímos cara o Centro de interpretación de Las laguna de Villafáfila a atoparnos con Fernando, garda das lagoas. Mala época, con poucos animais, pero afortunadamente o GPS decidiu enviarnos polo camiño máis curto (que non máis rápido) e collemos unha estrada cortada e sen asfaltar, que nos acercou a unha avetarda, paxaro estrela da reserva.

villafafila-avutarda.jpg

No mesmo traxecto coincidimos cunha garza, algún cernícalo e moitas cigoñas.

Xantamos no Mesón Las Lagunas en Villafáfila. Comida caseira e sen pretensións. Servizo rápido e atento. Descoñemos o prezo, pois invitou Fernando, pero é unha boa opción para xantar se visitas á Lagoa.

villafafila-zamora

Despois unha pequena visita ao centro de interpretación, aberto fai non moito, cunha pequena exposición da fauna e flora da reserva, e vídeo sobre os cambios durante o ano na lagoa. Moitas actividades interactivas fano un entretemento apetecible para os máis novos.

Posteriormente un paseo polo exterior, onde unha lagoa artificial flanqueada por varios miradoiros, permite observar parte da fauna (patos azulóns, gansos e fochas sobre todo) de perto e armado cuns prismáticos ou un cámara cun potente zoom conseguirás mergullarte entre eles.

Fora do recinto do centro, dende o miradoiro máis alonxado, asistimos a unhas curiosas carreiras de coellos chimpando dun lado ó outro pola antiga praza de touros de Villafáfila, baixo a atenta mirada dun moucho, todos eles alleos á nosa presenza.

Máis imaxes, como de costume, no seu álbum.

Chuzame! chuzame -

2 Responses to “Villafáfila - Viaxe 2007.2 (IV)”

  1. delokoson 31 Xan 2008 at 9:52 am

    Unha marabilla esa zona de Villafáfila, sobre todo cando as lagoas están en plena ebullición… pero inda “fora de tempada” penso que paga a pena a visita…

    En canto á gastronomía, permíteme unha recomendación, si nunca pasaches por alá… un sitio curioso, nun pequeno pobo chamado Castroverde de Campos, o Mesón del Labrador. A cociña, sorprendente, de alto nivel, nun sitio sencillo de prezos máis que aceptables. Eso sí, comeredes o que vos queiran dar: non hai carta, senón que van ofrecendo o que está dispoñible na cociña nese momento.

    Non é un sitio de comida tradicional, senón que hai nova cociña e innovadora, a pesar do que poida parecer ó entrar… o propietario, Cecilio Lera, é ben coñecido na zona…

    Unha aperta…

  2. makeijanon 01 Feb 2008 at 10:01 am

    Gracias pola recomendación.
    Como xa viches, estiven no do restaurante do fillo, porque lin algunhas críticas de El Labrador. A verdade é que non tiña moitas referencias de “coñecidos”, co cal agora xa o engado á lista de pendentes que medra e medra… ;-)

Trackback URI | Comments RSS

Leave a Reply

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Blog sen Fume