Dec 10 2007

Importando información de m4PRO a EXCEL (I)

Published by makeijan at 8:34 am under Cómo amañei...?, m4PRO

Hai veces nas que o milleiro de informes que trae o m4PRO por defecto, non son suficientes. Neses casos, hai pequenas modificacións que se poden realizar neles, para complementalos e incluso melloralos. Pero outras veces iso non chega, e necesitamos aplicar filtros por campos non moi habituáis, facer pesquisas por importes ou saber que va facturas validou un usuario son dous exemplos de cousas que non se poden facer actualmente no m4PRO e si se podemos atacar a base de datos.
Vou dividir este procedemento en dúas partes, por dous motivos.

  1. A creación da conexión á base de dados só a fas unha vez (esta primeira parte).
  2. É moito escribir nun día ;-)

Fundamentos

As aplicacións de Solinat, polo que sei, realizanse en Visual FoxPro, é por isto que necesitamos un conector específico, e que, en principio, non ven instalado por defecto.
O primeiro que debemos facer é instalar o Microsoft OLE DB Provider for Visual FoxPro 9.0, que poderedes descargar de aquí. Unha vez realizado este paso, só necesitamos ter unha versión de Ms Office instalada. É posible que tamén funcione con OpenOffice.
Todas as capturas son de Office XP, pero procurarei ir deixando comentarios da versión 2007, porque é a que teño actualmente. Pido desculpas polo desastre do formato, pero non teño tempo para deixalo máis fino, e calquera día cambio de plantilla outra vez e xa queda todo perfecto.

Procedemento

  1. Abrir unha folla Excel ;-).
  2. Datos -> Obtener datos externos-> Nueva consulta de base de datos. Office 2007 - Datos -> Obtener datos externos -> De otras fuentes -> Desde el asistente para la conexión de datos
  3. No Asistente para la conexión de datos seleccionamos Otro o avanzado e Siguiente.
  4. No seguinte diálogo seleccionamos Microsoft OLE DB Provider for Visual FoxPro e Siguiente de novo.VFPRO
  5. En Conexión utilizaremos o selector Free Table directory e ben buscamos o camiño ás táboas ou ben o tecleamos directamente. O habitual é que sexa o mesmo agás, a letra da unidade que deberá ser sustituida pola da unidade compartida das aplicacións de Solinat.
  6. vfpro

  7. Na pestana Avanzadas, eu recomendo seleccionar READ, non estou moi seguro deste comportamento, pero penso que deste xeito estamos seguros de que interactuamos coas táboas en modo de só lectura, cousa do máis recomendable xa que eu non me fago responsable dos teus datos, e Solinat menos. ;-).
  8. Unha vez aceptado saímos a un novo diálogo, alí podemos decidir entre conectar á táboa que nos interesa, ou non. Isto xa veremos que non ten moita importancia porque é facilmente modificable.
  9. O último paso (de momento), é gardar este conecto. Darlle un nome e unha descripción (opcional). E premer Finalizar.

Xa temos un conector de datos que poderemos reutilizar en múltiples follas de cálculo. Por defecto estos conectores gárdanse nos meus documentos Mis archivos de origen de datos.

Agora só resta indicar a cela de inserción e deixar que aparezan os dados.

Na segunda parte explicarei como facer modificacións deste conector rapidamente.

Chuzame! chuzame -

One Response to “Importando información de m4PRO a EXCEL (I)”

  1. [...] Se liches a primeira parte do artigo, podes atopar esta breve explicación moi práctica. En caso contrario: vuelva usted mañana. [...]

Trackback URI | Comments RSS

Leave a Reply

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Blog sen Fume