dec 14 2007
Hornazo de Salamanca. O curmán da nosa empanada
Salamanca:
Tierra de toros.
Cuanto ganao.
Cuanto perdío.
Así se refire sempre o meu amigo Juan, á cidade onde se criou. E non deixa de ser curioso, porque penso que máis que bois o que debe haber nesa terra son chanchiños. Xamón, lombo, chourizo, farinato, morcilla, etc, todos os derivados do porco están presentes dun ou doutro xeito na gastronomía local.
Unha das especialidades típicas da cidade é o hornazo, que está a medio camiño entre unha empanada e un bolo preñao dos nosos veciños asturianos. Como se pode apreciar na foto exteriormente podería pasar por unha empanada ben feitiña, mais no seu interior non hai rastro de vexetáis, e pola contra un porco enteiro en láminas este agachado. Xamón, chourizo e frebas hai había neste exemplar, e como se pode apreciar, non o fixen eu senon que o trouxemos dunha panadería salmantina. A masa é moito mellor ca o que tomán alí. Ese pan branco que tan pouco atractivo me resulta. Agora nas pastelerías especialmente, tamén os hai de milfollas, aínda que non tiven o pracer de probar esta variante.
Recomendo a lectura da entrada Lunes de Aguas da wikipedia na que se explica unha curiosa historia, na que está envolta este producto e de esguello deixa ver a hipocresía da sociedade castellana do século XVI, que é moi similar á de calquera lugar hoxe en día.

Igual que fixo Juan con nos, recomendamos unha visita a La Casa del Pan de onde veu este magnífico exemplar, e onde tamén merquei unha chea de galletas de natas e perronillas, aínda que nos recomendou que mercaramos madalenas, nas que semellan ser uns artistas.
chuzame -




