Dec 23 2007
Quén lle comeu o pelexo ó peixe?
Esta foi unha pregunta de Xosé Manoel, na resaca da II Blogoxantanza, que voltou sair na recente IV edición, cando se presentou a pescada no Allo e Aceite. Prometín que remataría este tema, e por unha vez vou cumplir.

Sempre falo da miña primeira experiencia neste mundo da cociña elaborada, porque foi coma un rito iniciático. Nunha soa cea aprendín máis que en moitas outras despois. O primeiro prato daquel sempre revisitado menú degustación era un ravioli de Queixo do Cebreiro que foi sustituido por Queixo Azul naquela ocasión. O prato estaba decorado cunhas sementes e flores. Primeiro pensei que había que retirar esas folliñas para comer o ravioli, porque así foi presentado, pero cando verqueron a crema de cabaza (senon lembro mal), presentouse o problema: como escollo agora o ravioli e evito coller os pétalos que andarían ciscados polo prato. Xoan Cannas debeuse de apiadar da miña cara de circunstancias, e enseguida comentou: Cómese todo. E aí é onde está a chave do asunto. Penso que todo o que esté dentro do prato forma parte do conxunto de presentación, aroma e sabor, e non só dunha delas.
Conclusión: Se o peixe ben con pel, será por algo.
chuzame -





Todo isto ven por min, porque eu non lle como a pel ó peixe cocido. Non me gusta a súa textura, ¿que lle vou facer?
Eu non era moi de comerlle a pel ó peixe, pero desde hai un tempo decidín, coma ti, que si está aí será por algo. Así que, polo xeral, eu xa son dos que lle comen a pel.
Ademáis, coas excepcións obvias, penso que todo o que se presenta no prato debe ser comestible así que, para iso está.