Dec 27 2007

Beber País. Vivir no País

Published by makeijan at 8:15 am under Actualidade, Gastronomía

Hai xa case un mes que non escribo ren, concretamente dende a IV Xantanza, pero gracias á programación de anotacións, e a unha certa atemporalidade das anotacións (non pola súa profundidade, senon porque tanto ten cando as publique non sirven para nada) penso que transmito unha sensación de continuidade no blog, sen a cal non tería sentido este formato.

Para variar hoxe vou comentar brevemente un evento que está a desenvolverse en Pontevedra estes días.


A campaña de promoción dos viños galegos Beber país. Vivir no País é unha iniciativa do Concello de Pontevedra, Sindicato Labrego Galego e Interreg III a para (como é doado imaxinar) potenciar o consumo dos caldos das nosas Denominacións de Orixe. Celebrase no Pazo de Mugártegui actual sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas os días 26, 27 e 28 de decembro e os vindeiros 2, 3 e 4 de xaneiro.

Onte a invitada foi a D.O. Ribeiro. Un acto con pouco descurso e moita práctica, en parte pola ausencia de dous dos invitados, e porque afortunadamente a ninguén lle dou por traerse un discurso. Desfrutamos dunha breve cata comentada, e a continuación puidemos saborear os mesmo viños con mais calma acompañados dun xeneroso pincho.

Quero salientar o Loural 2006, entre os viños catados. Elaborado en tinos de madeira, de xeito artesanal cunha variada selección de uvas entre elas treixadura, torrontés, godella e albariña, que como mínimo lle aporta un punto átipico.

No día de hoxe tocalle á D.O.Valdeorras e as vindeiras xornadas teremos á Ribeira Sacra, Viños da terra e Portugueses (curiosa mestura), Monterrei e finalmente a anfitriona pecha as xornadas.

Chuzame! chuzame -

Trackback URI | Comments RSS

Leave a Reply

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Blog sen Fume