Xan 12 2008
De críticos e blogogastrónomos
Estes días que andiven de viaxe, comezou unha pequena polémica no blog Salsa de Chiles. Non é o obxeto deste comentario opinar sobre ela, senon reflexionar sobre outro artigo, que casualmente está relacionado.
No avión de Paris a Praha, tiveron o detalle de ofrecernos un xornal para facer o desplazamento máis levadeiro, e dado que o meu dominio do Checo é certamente limitado, escollín The Prague Post. A nosa anterior visita aínda estaba recente, e tiñamos tempo abondo para revisitar algúns lugares senlleiros, e desfrutar da gastronomía local con tranquilidade. Calquera información é boa si se é tan listo, como para non preparar minimamente a viaxe e por riba desbota a opción de adquirir unha guía como referencia, co cal un xornal que ten coma un cuarto dos seus contidos relacionados coa gastronomía, pareceron como caídos do ceo.
Entre recomendacións de restaurantes e locales de moda, había dous interesantes artigos dun tal Dave Faries que chamaron a miña atención. Tiña intención de dixitalizalos, mais afortunadamente os contidos son accesibles en liña.
Un deles, titulado Rumors of Stars, fala
da posibilidade de que apareza a primeira estrela Michelín na capital checa aínda, que non queda claro se está realmente preparada para iso. Voltarei facer referencia a este artigo en vindeiras entradas.
O outro, Of knife and Pen, relata a rutina dun crítico gastronómico e as normas que se autoimpón no seu traballo. Extracto e traduzo libremente as mesmas:
- Evitar distraccións previas á comida.
- Visitar polo menos tres veces o restaurante.
- Tomar notas xusto despois da visita.
- Non reservar previamente.
- Non identificarse ante o maitre.
- Non aceptar invitacións, nin propiciar malentendidos con ninguén do sector. En definitiva, manter a neutralidade.
- Lembrarse sempre de que non se é máis cun empregado que pasa os seus gastos ao fin da semana.
Eu non son crítico gastronómico. Tampouco teño un blog sobre o tema, só un apartado del adicado a esta afección, pero hai puntos desta relación cos que coincido e parecen de sentido común, e outras que nos diferencian; por criterio, como por exemplo, non reservar, que eu sustituiría por facelo con pseudónimos; ou por ocupación, xa que teño que pago todos os meus xantares e ceas, o cal me leva a optar por locales que descoñezo, antes de visitar varias veces o mesmo restaurante.
Dito isto, aí quedan as miñas opinións... Si che gustan ben... senon: Alt+F4
chuzame -





Coincido contigo ó 100%.
Sempre está ben contar con novos datos para o debate que se nos ven, especialmente estando os ánimos como están.
Home,
Eu non deixo de estar de acordo cas normas para o “crítico”. Me parecen cando menos xustas. ¿Non? Outra cousa é que eu me queira adicar a crítica gastronómica. De feito cando eu escribo de algún sitio coido que deixo ver que falo máis ben dos pratos que teño probado e non tento facerme pasar por coñecedor da carta enteira. Coido que hai que ser sinceiro en ese aspecto.
Outra cousa xa é, lendo comentarios nos periódicos, de repente me dou conta que son críticas coma as miñas, de haber ido cun acompañante e pedirse dous primeiros, dous principais e postres. Non sei, me decepciona moooito.
Eu sempre penso que os periodicos e as guías gastrónimas deben de probar máis platos, aparte de para ter unha idea máis amplia da calidade do local, para que cando te recomenden un prato, que non sexa o único que probaron, e que non coñezan nengún maís da carta.
Penso que entre nos concordamos…
Facer unha crítica cunha visita soa é moi arriscado, hai unha chea de condicionantes. Cousas tan aparentemente ridículas como ir un día de semana cara o fin de mes, ou facer todo o contrario, pode influir na carga de traballo e por tanto na cociña e no servizo. Por se afeccionado, si podo permitirme darme unha opinión, baseandome nunha soa visita, do mesmo xeito que calquera lector accidental pode decidir que os meus comentarios non son máis que lixo (sempre que non mo diga ;-)) , e todos tan amigos.
De verdade, recomendo a lectura do artigo, porque transmite humildade a caldeiros, cousa da que, na miña opinión, carecen moitos “profesionais” do sector. Só a imaxe xa o dí todo…
Voulle escribir o David Faries, a ver se me conta algo.