Xan 21 2008
Utilizando o VOLGA en Firefox
Unha das moitas carencias que ten a nosa língua en internet é a falta dun diccionario online. Alguén pode dicir que temos isto, pero só para iso podería estar calado. Non está na miña man facer un diccionario, pero sigo a necesitar un lugar onde poder solventar as miñas dúbidas co galego (e abofé, son moitas).
A referencia que máis uso cando estou a escribir e teño algunha dúbida é o VOLGA (Vocabulario Ortográfico da Lingua GAlega), que non ten definicións, mais éche o que hai . Ter que entrar na páxina continuamente non é moi práctico, por iso, dado que ninguén se animou antes, decidín facer un motor de busca para Firefox.
A entrada no VOLGA semella ter dúas páxinas distintas: esta e estoutra. Coa primeira foime imposible traballar (non é que sexa ningún experto), pero coa outra foi doado. Así teño o pracer de presentar o motor de busca do VOLGA.
![]()
Para instalalo non hai máis que ir á páxina de Mycroft Project e buscalo ou ben atallar por aquí. Unha vez alí premer sobre Vocabulario galego R.A.G e listo.
Unha vez instalado verás algo semellante a isto...
![]()
Listo para usar.
Máis nada, esperando que lle sexa tan útil a alguén máis que a min deixovos en paz durante uns diíñas...
chuzame -






Instalado. Moitas grazas, non sabes o útil que me é. Xente coma tí son os que fan que ún ame internet e manteña a esperanza na humanidade, aínda que sexa virtual.
Moitras gracias. Comentarios coma este son os que me animan a seguir escribindo e facendo cousiñas…
Instalado! Grazañas tamén da miña parte, estas cousas sempre veñen ben… eu tamén facía todo o trámite de ir ata a páxina do Volga para solventar algunha dúbida, e o tempo é ouro. O dito.
Utilísimo. Xa está instalado.
Como dis, podería haber unha ferramenta máis completa, pero é a que hai e ademáis, igual que case sempre, ten que ser un particular que a desenvolva.
Parabéns.
Fantástico. Parabéns! Vaime de pérolas.
Seguiremos soñando co Diccionario, de todos os xeitos. Todo o mundo sabe que publicar un diccionario na rede é unha obra inxente, desmesurada, faraónica, algo que non ten ningunha lingua do mundo e, todo hai que dicilo, custosísima. Como se nos vai ocorrer aos galegos publicar o da nosa lingua coa de cousas nas que hai que investir o diñeiro público? Non quero marchar desta tribuna que ofreces sen agradecer, de todo corazón, aos nosos intelixentes políticos e esgrevios persoeiros continuar, no ano 2008, mantendo a nosa lingua a distancia de Internet. Vai ti saber con que se podería contaminar!
De verdade estou sorprendido pola acollida… ;-). Estas son as cousas que animan de verdade.
Respecto ao diccionario galego en internet, que dicir máis do que xa fixen, e o que comenta magago… Iso sí, en canto apareza, tentarei facer un motor para o firefox.
Parabéns meu por esta excelente idea. Non sabes o gratificante que é atopar xente que traballa desinteresadamente polo noso idioma. Vaille ser útil a moita xente. Unha mágoa que a RAG non mellore o proxecto Volga con definicións e sinónimos, pero como ben dis ti é o que hai, e o mellor que podemos facer é sacarlle o máximo proveito, que é o que fixeches ti.
Unha aperta e moitas grazas. Saúde!!
sumome ao rego de parabens. E sumome a instalalo e usalo.
:)
moitas gracias!!
Xenial!
Obrgd sr. Makeijan… útil, práctico. ¡¡Parabens!!
Parabéns!!!!
3 Puntos colega moi util e xa era hora que alguen o fixera.
Mallao!
Eternamente obrigado, que dicía Rosendo
Gracias de novo a todos… estou abraiado por esta acollida. :-)
Parabéns fenómeno!
moitísimas grazas pola idea e polo traballo que levara facelo. e máis aínda por compartir con todos ese traballo
Xa o instalei en Firefox… funciona estupendamente…
Moitas grazas…