Xan 24 2008
Utilizando o VOLGA en Internet Explorer 7
Agradablemente sorprendido ante o éxito do anterior artigo, fago público tamén a mesma utilidade para Internet Explorer 7. Non é este un navegador que utilice habitualmente, pero si outros moitos usuarios que poden atopar útil esta nova entrada.
Hoxe aprendín que os motores de busca baseados en Opensearch poden ser usados en Firefox e tamén en Internet Explorer 7. Coma onte non o sabía andiven a procura doutro xeito para poder engadilos. É un pouco máis enrevesado, pero tamén funciona, e como xa o teño feito, vouno deixar por se se a alguén lle serve de axuda, aínda que o procedemento recomendado sexa o que vai a continuación.
Então, ao igual que co Firefox dirixímonos ao mesmo link de mycroft que para firefox, e prememos sobre Vocabulario galego R.A.G.
![]()
Saltará un diálogo: Agregar proveedor de búsquedas e finalmente prememos en Agregar proveedoror
E así é como queda...
![]()
Xa que está a ter tanto éxito agradezo que alguén prema en [Judge it] e o valore...
A continuación a primeira versión (que despóis do choio que me levou non me gusta desbotar o que escribo, que leva moito tempiño).
Para quen sexa tan preguiceiro como para non seguir os breves pasos pego aquí a chave extraída do rexistro de windows que habilita o uso do Volga. Isto implica privilexios de administrador da máquina, e probablemente desactivar o antivirus ou antispyware.
Ollo!. Modificar o rexistro sen coñecementos pode desembocar nun sistema que non arrinque. Isto é a responsabilidade de cada quen.Velaquí o código para que se vexa que non hai nada raro, aínda que por cuestións de formateo do blog se vexa tan mal:
Windows Registry Editor Version 5.00
[HKEY_CURRENT_USER\Software\Microsoft\Internet Explorer\SearchScopes\{664356E6-431C-4922-9F8F-7EBE4EA172EC}]
"DisplayName"="Vocabulario galego R.A.G."
"URL"="http://www.realacademiagalega.org/galicianvocabulary/FindByWord.do?word={searchTerms}"
"Codepage"=dword:0000fde9
Unha vez desvelado o segredo temos dúas opcións para agregalo aos nosos Explorer:
- Descargar este ficheiriño (Chave de rexistro para engadir o motor de busca VOLGA da Real Academia Galega) do seguinte xeito:
- Botón dereito enriba da ligazón.
- Gardar, tendo boa conta de cambiar a extensión de .jpg a .reg e seleccionar tipo: Todos los archivos.
- Deste xeito teredes un arquivo volga.reg que unha vez feito doble click sobre el, fará un par de preguntas de seguridade, antes de engadir o ficheiro ao rexistro.
- Copiar o texto do código gardalo nun ficheiro de texto con extensión .reg (para os desconfiados coma min) e executalo para engadilo ao rexistro.
Con calquera das dúas opcións así de fermoso queda:
![]()
E con isto coido que xa rematei coas miña boas accións do novo ano ;-) .
chuzame -





