Marcelo = Argazos + Imaxinación

xaneiro 27th, 2008 | by emanem |

Esta ecuación resume a impresión do obradoiro que impartiu Marcelo Tejedor acompañado de Iván (o seu alter ego, nas súas propias palabras) enmarcado nas xornadas Santiago Repetirás, a derradeira do mes de xaneiro adicada ao marisco, que nos trouxo esta nova incorporación á equipa que son as algas. Chondracanthus, kombu, nori e wakame, nomes todos eles exóticos combinaban con ramallo de mar, musgo irlandés e leituga de mar, palabras que identifican a algunhas das 600 especies que poboan as nosas costas.

Un evento moi interactivo, onde puidemos ver, cheirar e apalpar varios exemplares en distintas presentacións, fresca, salgada, envasada e como non... tamén cociñada, porque aínda que perdín a conta, penso que vimos e probamos unhas 6 ou 7 presentacións distintas.

O cafeto-caldo de algas e bonito que coceu uns gambóns envoltos en panelo, lembroume unha presentación da nosa visita ao seu restaurante.

A traca final foi o agasallo duns marshmallows (nubes de azucre) de argazos (sinto non lembrar ningún nome, pero era moita información para un domingo pola mañá), presentados nunhas latas de sardiñas, depois as galletas mariñeiras? de algas con mermelada tamén de algas, presentada nuns envases coma os pequenos de pegamento Imedio... E, como non, o pan líquido en aerosol que utilizou para facer unha empanada aberta de berberechos en lata, en dúas variantes, con aceite de chondracanthus e con allada, que tivemos o pracer de probar.



As dúas conexións do programa A Revista da TVG, resultaron ser bastante intrusivas e molestas. O único bo é que podemos conservar un par de intres, para a posteridade:

Se queredes ver algunha outra foto do obradoiro, aquí as tedes.

Por se alguén estivera interesado en asistir a algún dos vindeiros eventos, teñen un custe de 10 € por persoa e é preciso reservar.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
  1. 1 Trackback(s)

  2. xull 12, 2008: Another Cow In The Corn » Ando liado…

Publica un comentario