Feb 29 2008
Erro Advanced INF Install
Estes días téñome adicado moito á gastronómia e non ao choio. Iso no blog, porque a vida real está a resultar ben distinta. Hoxe atopei unha solución que non vin documentada en ningures, e vouna publicar para que non me confundan cun blog gastronómico ;-).
Hai uns meses renovamos os equipos, e encargamos a configuración e instalación básica. Cando os fomos probando había algúns nos que este molesto diálogo aparecía en cada arranque de usuario distinto dun administrador:
Advanced INF Install. Error en instalación de INF. Causa: Acceso denegado ou en V.O. Advanced INF Install Failure: Reason: Access is denied
Co lío da mudanza, e instalación, deixámolo estar botándolle a culpa a calquer compoñente que se instalaba por defecto nos cds de Dell. Agora que xa vou afinando instalacións, puiden adicarlle un tempo a buscalo, e non foi pouco. Polo tipo de erro, tiña que ser algo que tentaba cargarse ao inicio e o primeiro sitio onde sempre miro é no rexistro de windows, así que regedir e directo a: HKLM\SOFTWARE\Microsoft\Windows\CurrentVersion\Run
É incrible a cantidade de aplicacións que se cargan ao inicio, se instalas os cds dos fabricantes, e normalmente apenas usas nada diso, pero sufres o retraso no comezo da sesión, ademáis da carga de recursos no sistema. Eu procuro ter o systray moi limpiño... ;-).
Qué me perdo! Sen esaxerar había unhas 15 entradas nesa chave do rexistro, se deixas o mínimo, asistente de sincronización e as entradas relacionadas co antivirus, reinicias sesión e segue o erro, o teu caracter cambia... para mal.
De casualidade (como case sempre), din en mirar nas chaves adxacentes, Runonce e RunOnceEx, que non teñen nada habitualmente, de feito non sei a diferencia entre estas dúas.
E isto foi o que atopei:
[HKEY_LOCAL_MACHINE\SOFTWARE\Microsoft\Windows\CurrentVersion\RunOnceEx\nlQl]
"4"="RunDll32.exe C:\\WINDOWS\\system32\\AdvPack.Dll,LaunchINFSection C:\\WINDOWS\\inf\\nlite.inf,nLite"
Eliminar esta chave solventou o problema. Así de simple. Iso me parece agora, pero levo 4 meses co erro. Como en realidade non é un erro senon unha advertencia, e non afecta ao funcionamento, deixeina ir, pero agora vou ter aos meus compañeiros algo máis contentos.
Coma estes días teño procurado solucións e certamente hai moitas causas para este erro, pero tamén atopei moitos foros con preguntas sen resposta, seica as instalacións con nlite crean algúns problemas co messenger. Neste caso con igual orixe, o erro era distino.
chuzame - 















