Feb 09 2008
Máis berberechos en Pontevedra
Mentres as brétemas causadas polos comedores de carne se resisten a abandoarme, deito este pequeno apuntamento, antes de desfrutar dunha reparadora sesta, e prepararme para os eventos do día.

Onte enterouse Moraiminha casualmente de que estaban os de Máis Berberechos no Café Moderno de Pontevedra co gallo do Enterro do Loro Ravachol. E este un programa que escoitamos os domingos deica quedar a durmir, e co que resulta entretido. Así que ata aló fomos, a pasar un bo rato, e agudizar o noso mal estado de saúde física e mental.
Para que vexades o ambiente teño un pequeno video ilustrativo...
Ian todos vestidos co traxe da Galescola, e a delegada da clase levaba unha libreta co padriño. Realizaron unhas cantas entrevistas, compartiron unha bica e licor café... unha festa.

E compartindo a noite co equipo e outros invitados, déronnos as tantas...
Malia o meu mal estado, conseguín subir o resto das fotos ao seu álbum correspondente.
chuzame -





Certamente, este programa impídeme durmir os domingos pola noite, porque estou a rir seguido :)
Pois se estás alí, non che conto nada…
Pasas aos meus Favoritos :)
Se tes algunha foto máis (as do album xa as copiei), encantaríame telas :)
Gracias, por engadirme…
Algunha máis si que hai… pero tería que pedirlle permiso aos retratados, que igual me demandan ;-).
Los invito a registrarse en la pax del Programa…
www.maisberberechos.com
….esta pax fue realizada por un oyente del programa desde Vancouver.(Canada)……
Los esperamos………..
Gracias pola indicación pero xa me pasei por alí… de feito gracias a iso supoño que chegarías aquí ;-).
O que non son é unha persoa que interactúe moito por aí, porque levar un blog é unha actividade moi agradecida pero que come moito tempo…