Feb 11 2008

Domingo de entroido

Published by moraiminha at 3:04 pm under Actualidade, Gastronomía, Persoal

Agora que xa remataron estas festas, boto unha ollada cara atrás para lembrar un dos xantares mais agardados do ano. Aínda que os pratos máis populares do carnaval son o cocido e o lacón con grelos, nos temos a nosa tradición particular, que é a de xantar a cacheira con grelos o domingo de entroido. Para min, é un luxo o feito de poder disfrutar non só dos produtos dunha matanza caseira, senón tamén das patacas e os grelos de nabicol cos que acompañamos á cacheira e ós chourizos, así que o xantar foi realmente delicioso.

Sopa de cocido

Como facía frío, o prato de sopa de entrante axudounos a entonar o corpo para entrarlle á cacheira (que vou dicir eu, se a preparou a miña nai!), que estaba realmente boa.

Porco do cocico, cachucha, cacheira, chourizo, touciño, morro, lombelo...

E de sobremesa... as tradicionais ourellas, como non podía ser doutro xeito, pero tamén unhas follas de limón e filloas de sangue,  das que xa temos falado noutras ocasións, e que non son as tradicionais da época, mais este ano foi especial.
Orellas de entroido


Follas de limón


Filloas de Sangue

Que máis se pode pedir?

Chuzame! chuzame -

5 Responses to “Domingo de entroido”

  1. Janoon 11 Feb 2008 at 8:15 pm

    Oscar, lémbrate si fas o favor de decirlle a túa nai que o ano que ven, o domingo de entroido, levas a unha persoa máis.

    Ten unha pinta im-presionante

    Non te esqueces

    Saudos

    Jano

  2. matematicaspaladaryfogoneson 11 Feb 2008 at 8:46 pm

    Necesito la colaboración de todos, cuantos mas, mejor.
    Estoy haciedo un trabajo sobre el problema que pongo en mi último post, y debo buscar la opinión de todo tipo de comensales, para tratar de que los organismos oficiales busquen solución al problema.
    Se trata de que todos digais realmente lo que opinais y que solución propondríais para evitar lo que está ocurriendo.
    Cuento con tu ayuda y con la de todos los que te leen, para tratar de saber que opina la mayoría al respecto y que hacer con el problema en cuestion.
    Te agradezco de antemano la ayuda que puedas darme.
    Gracias.

  3. Moraiminhaon 11 Feb 2008 at 9:23 pm

    Jano, non penso que haxa problema en que a nai de Makeijan te invite a xantar o vindeiro domingo de entroido; pero o xantar deste ano foi a miña nai quen o preparou…

  4. Janoon 11 Feb 2008 at 11:58 pm

    ejemmmmmmmm, vaya metedura de pata Moraiminha, espero que me sepas perdonar y me inviteis para el año.

    Un besiño

    Jano

  5. makeijanon 12 Feb 2008 at 11:44 am

    Calandracas, ti sigue co Naturhouse, que isto non é bo… ;-)

Trackback URI | Comments RSS

Leave a Reply

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Blog sen Fume