Fai 48 horas… Cociña de Caza. Cuina Vallès
febreiro 18th, 2008 | by makeijan |
O primeiro evento ao que acudín foi Cociña de Caza. Presentado polo director do Fórum Pep Palau, que conducía aos chefs, Artur Martínez de Capritx e a Tomàs Cuadrado de El raco d'en Tomàs. Ambos cociñeiros forman parte dun especie de grupo nove catalán chamado Cuina Vallès, mais non topei unha páxina coma a de Nove á que ligar.
Foi coma unha charla amena, con Pep facendo preguntas de cando en cando, e Artur e Tomàs meténdose o un co outro.

Sirva como exemplo:
O chocolate era coma o Isostar ou o Red Bull dos Aztecas.
Frase coa que ilustrou o enerxético que é ese alimento, utilizado como ingredente para preparar un Ragú de Xabarín, do que puidemos degustar unha mostra. A iso das 11:30 da mañá me preguntaba onde tería que asinar para tomar diso todos os días.

Polo que puiden ver brevemente na páxina do seu restaurante, é un producto que debe adorar, porque ata fai catas... Onde hai que apuntarse?
Artur preparou un Solombo de cervo con arroz cremoso, para o que utilizou arroz venere, variedade integral de cor negra, que descoñecía, e da que tivo o detalle de pasar unha mostra por toda a sala, para que pudieramos tocar e ulir. A elaboración era sensiblemente máis complexa. Cun consomé de trufa e caldo do arroz venere, Cantharellus (Rossinyol), remolacha e frambuesa liofilizada... outra cousa que descubrin nesta fructifera presentación foron uns cristais de sal semellantes aos Maldon que se fan en Mallorca. Non teño máis imaxes nin información, pero polo que comentaban eran unhas pirámides ben grandes... terei que buscalos.
En resume, un magnífico comezo, que disipou os meus temores sobre como sería un día enteiro camiñando dun lado para outro sacando fotos e tomando notas... é como ir de vacacións ;-).
Actualizo informacións incompletas e engado novas ligazóns, gracias á esta entrada de El raco d'en Tomàs.