feb 18 2008

Fai 48 horas… Cata de Sidra Galega

Published by makeijan at 1:00 pm under Actualidade, Forum Santiago 2008, Gastronomía

Á unha xa che comeza a apetecer tomar algo, é que mellor reclamo que unha Sidra, bebida que adoro e non teño o pracer de desfrutar dende o casamento de Jaime e Montaña. Vese que Magago pensou coma min, porque foi alí o primeiro lugar onde coincidimos.

Da man de Sidrería Galega, correxin moitos prexuizos.

  • Sabiades que producimos 10 veces máis mazá que Asturias e 20 que Euskadi dous lugares de consumo tradicional de sidra?
  • Que as variedades que se utilizan para elaborala son Pero, Verdeñá e Rabiosa? (Si, si, rabiosa).
  • Que os ingleses e franceses tamén toman e fabrican este fermentado da mazá, e que os primeiros a levaron aos U.S.A. onde se consumiu habitualmente deica a chegada da lei seca?.
  • Que somos os maiores consumidores de sidra gasificada ou achampanada?



Escanciando sidra Na foto superior temos os catro tipos de sidra que probamos na cata. A natural (sen dúbida a miña elexida), a gasificada (con azucre e CO2 engadido, máis que prescidible), unha sidra gasificada normanda (feita a partires de concentrado de mazá), e unha inglesa.

A primeira delas a natural é a que ten o handicap do escanciado, ese requisito, que non ritual, que limita o seu consumo, pero sin o cal o seu consumo non tería ningún valor.


O carolino baleiro corresponde á segunda volta de sidra natural. As outras non son rivales ...

Chuzame! chuzame -

3 Responses to “Fai 48 horas… Cata de Sidra Galega”

  1. [...] pola tarde, despois dun frugal xantar baseado en tres pinchos e dúas cañas, por riba da sidra da cata anterior, pareceume que seguir de catas era o axeitado, e así caín na de augardentes. Conducida por Jose [...]

  2. Colineta » AÍ QUEDA ESOon 21 feb 2008 at 9:06 am

    [...] para coñecer máis sobre a ponencia de Chef Rivera ou as catas de augardentes de Galicia, de sidras, de bombóns, viños e queixos, o circo do Grupo Nove, a ponencia de Carme Ruscalleda ou Flavio [...]

  3. [...] para coñecer máis sobre a ponencia de Chef Rivera ou as catas de augardentes de Galicia, de sidras, de bombóns, viños e queixos, o circo do Grupo Nove, a ponencia de Carme Ruscalleda ou Flavio [...]

Trackback URI | Comments RSS

Leave a Reply

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Blog sen Fume