feb 20 2008
Cata de Augardentes de Galicia
Retomo as publicacións do primeiro día do Fórum, pode que a alguén lle interesen, aínda que xa non son unha nova stricto sensu. Sábado pola tarde, despois dun frugal xantar baseado en tres pinchos e dúas cañas, por riba da sidra da cata anterior, pareceume que seguir de catas era o axeitado, e así caín na de augardentes. Conducida por Jose Luis Hernaez Mañas, da EVEGA dou unha amena e ilustrativa charla acompañado por alguén da D.O. Augardentes e Licores Tradicionáis de Galicia da que sinto non lembrar o nome.

Entre as cousiñas que aprendín foi a temperatura recomendable para o seu consumo. A 8C se atopa o equilibrio entre o efecto desecante e o anestesiante do alcohol, que influirían negativamente na percepción dos aromas. E digo ben aromas, porque como xa comentei na anterior cata deste tipo á que asistín, hai xa case un ano, na augardente branca tamén hai matices en sabores e cheiros. Non é o mesmo unha caña de Mencia, que de Albariño, ou a raiña delas: A da Ulla, feita a partires de catalán, variadad de uva híbrida que curiosamente en cataluña chaman francés.
Tamén probamos dúas variedades de xastreu, que non son moi do meu agrado, en xeral, finalizando cun licor café.
Ilustrativa charla interactiva, en definitiva, que afortunadamente ía acompañada dun par de larpeiradas, para facilitar a dixestión e unha equilibrada absorción de alcoholes.
chúzame -





[...] aos que vos remito para coñecer máis sobre a ponencia de Chef Rivera ou as catas de augardentes de Galicia, de sidras, de bombóns, viños e queixos, o circo do Grupo Nove, a ponencia de Carme [...]
[...] aos que vos remito para coñecer máis sobre a ponencia de Chef Rivera ou as catas de augardentes de Galicia, de sidras, de bombóns, viños e queixos, o circo do Grupo Nove, a ponencia de Carme [...]