Feb 22 2008

Unha visión doce dos cogomelos

Published by makeijan at 11:52 am under Forum Santiago 2008, Gastronomía



A que se vos reciben cunha mesa así, o último no que pensades é en pasteis? Pois así de sorprendido quedei cando vin que o enfoque da cociña de Pedro Roca era cara a repostería. Este ferrolán, que ao parecer está por abrir un novo restaurante, foi presentado por Miguel Vila, que aproveitando a súa posición privileixada degustou a única Xema de Trufa Negra, que o cociñeiro rebozou en trufa relada. Para os demais mortais, o contorno da xema trufada foi de pistacho. Pero non houbo queixa... incrible combinación, e espectacular textura do ovo cocido a 65 graos. O corazón do ovo manipulado coma un cachiño de plastilina entre os dedos, non foi a última sorpresa que este modesto ingredente nos dou no forum.
Xema de trufa negra con pistacho
Fariñas de boletus edulis, e outros cogomelos para panificación foron a seguinte sorpresa da xornada, se a iso lle sumas unha crema pasteleira de cantharellus lutescens, e finalmente podes probalos, non deixas de sorprenderte.

Petit Fours de cogomelos

Seguín este obradoiro acompañado de Chus coa que compartin a degustación destes petit fours.

Chuzame! chuzame -

One Response to “Unha visión doce dos cogomelos”

  1. moraiminhaon 22 Feb 2008 at 12:57 pm

    E a min que me parecía que vira unha morea de cousas… Cantas me perdín!

Trackback URI | Comments RSS

Leave a Reply

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Blog sen Fume