V Xantanza. Lamprea en Casa Emilio

O meu paso polo Forum rematou (que non as crónicas), deixando unha resistencia natural a baixar dese podio de nova gastronomía na que estaba aupado. O mundo real non ten moito que ver con aquilo, pero non por iso é peor.

Os blogastrónomos cambiando radicalmente o estilo das xantanzas anteriores, optamos por un producto e eleboración más tradicional, e nesta época non pode ser outro que a Lamprea.

Comezamos o día, realizando traballos varios, e reservando unha horiña para por remedio a unha situación insostible. Descoñeciamos as Torres de Oeste. Así demos un paseiño, tiramos unhas fotos, e á hora acordada dirixímonos ao punto de encontro: a Taberna Vikinga. Non falarei máis deste tema, porque o ten perfectamente documentado moraiminha, tanto esta primeira parada coma a segunda.

A seguinte parada foi Casa Emilio é un restaurante tradicional. Situado á beira da vía do camiño de ferro Vigo-A Coruña, pode lembrar inicialmente á Estación de Cambre pero nada máis lonxe da realidade.



Recibiunos esta magnifica cesta de pan na mesa, un alimento que desgraciadamente sorprende cando é de calidade, e cada vez é máis difícil de atopar.


O menú non ten moito comentario. As imaxes falan soas da homenaxe que nos dimos para pechar unha semana de choio no forum. Abriu un tradicional Salpicón de marisco.



Seguido por unhas magníficas cigalas á prancha.


E rematando coa celebérrima Lamprea á bordelesa, cociñada no seu sangue, e acompañada de arroz e pan fritido. Curiosamente había dous BGG que non a probaran nunca: os Sres. de Foucellas. Hai que recoñecer que a presentación non é moi atractiva. Unha cousa negra con máis pinta de serpe que doutra cousa, non é moi apetecible, mais como ben recoñeceu a Sra. Foucellas, o mesmo pasa coa morcilla de León e… ben boa que está!

A xulgar por como quedaron os pratos, non creo que lles disgustara moito.



As sobremesas eran a elixir, e como se pode apreciar optei por seguir tradicional, e un probar o queixo con marmelo.

Todo isto regámolo con Martín Codax e Tinto Pesquera. Non vou opinar sobre un Rías Baixas porque non sería imparcial, e sobre o Pesquera, penso que lle iría mellor un Mencía Summun da Ribeira Sacra, para que quedara todo na casa, pero non houbo queixa.

Cafés, licores e ata puros (e non me preguntedes porqué, pero non me queixei do fume), seguida dunha sesión Karaoke, que pasará á pequena historia dos BGG, coma un dos momentos míticos.

O mellor é que despóis de sair de alí, aproveitando a anormal benignidade metereolóxica, fomos de terrazas a Carril. Unha primeira parada onde nos entregamos a unha das grandes creacións Made in England: O Gin Tonic. Para que logo critiquemos a cociña inglesa, como ben dixo Xesús.

Finalmente culminamos a noite co descubremento de O Loxe Mareiro, onde nos deron máis das nove. Boa xente, mellor ambiente, e un lugar privilexiado da Ría de Arousa… que máis se pode pedir…

Teño que ir ao médico, porque sempre son dos últimos en irme das Xantanzas… é grave doutor?

Coma de costume ligo as versións dos meus compañeiros. Non hai coma ler varias versións do mesmo suceso.

O madrugador gourmet, o arqueólogo magago, as fotos de Cesar, o mini apunte de Sole e a visión cinéfila de moraiminha.

Publicado en Gastronomía,Restaurantes,Xantanzas BGG | 5 Comentarios

5 Comentarios so far

Suscríbete a los comentarios RSS

  1. Feb 27, 2008 a las 10:14 a.m.

    Gourmetdeprovincias dice,

    Non é grave. É só que algúns dos outros temos nenos pequenos que nos reclaman. A boas horas ía marchar eu ás sete se non quixera chegar antes de que a Gourmet 2.0 quedara durmida. Ben sabedes que a pouco que tivera a opción tería prolongado algunha Xantanza ata ir ó día seguinte de reenganche.

  2. Feb 27, 2008 a las 10:58 a.m.

    makeijan dice,

    Pois eu tanto, xa non sei se dou, que últimamente cústame recuperarme dos excesos. Todo o domingo lembrándome da Raiña Nai e dos seus ancestros…

  3. Mar 1, 2008 a las 9:46 p.m.

    xmanoel dice,

    Meu deus, menuda apoloxía do Gin Tonic.
    Non podo negar que sexa un invento inglés, pero eso de lle engadir á quinina (que xa amarga un rato) un pouco de augardente con aroma a baias (que por certo coido que é de orixe holandés)…. non é o que se di unha formula maxistral. Vamos dous sabores bastante desagraddables mezclados…
    Iso sí, coido que esto debe ser bastante saludable (unha ataca ó figado e a outra ataca ó ouvido). ;-)

  4. […] xa saberedes o Gin Tonic e a bebida oficiosa dos blogastrónomos. Co tempo vas probando aquí e acolá, e cando un cre que coñece unha xenebra bastante xeitosa, […]

  5. Mai 12, 2008 a las 1:01 p.m.

    Docarme dice,

    Hei de confesar que son duas das miñas debilidades, a lamprea e o gin-tonic (con Cinderelle Gin, francesa da michelin).
    Miña nai a prepara coa sangue e con chocolote de facer. Boisima.

Lo sentimos, pero los comentarios están cerrados para esta entrada.