Archive for Febreiro, 2008

Feb 18 2008

Dicen que esto es fácil…

Se fose unha persoa culta, utilizaría citas de vetustos escritores, filósofos ou políticos. Se fose unha persoa culta... non sería eu, por iso uns humoristas aos que admiro como Faemino y Cansado me sirven para admitir unha nova derrota contra o reloxo. Catro anotacións nun día, con 48 horas de retraso, e aínda nin comentei a tarde o primeiro día do fórum... Quédame a Cata de augardentes de Galicia, a Lamprea do Chef Rivera... ata o momento o que máis me gustou do Forum, o Grupo Nove de Festa con Pista Catro, o I Concurso de Pulpeiras e os Cogumelos con Pedro Roca. O día 2 sen comezar, e no intre no que se publique isto, comeza a tarde dos blogs de 16 a 20 h, evento tras evento...

As cociñas do atlántico. FGS 08


Ía dimitir, pero como aquí non hai tradición... non vou ser menos. Xa irán vindo as historias. O tempo en internet é relativo...

Chuzame! chuzame -

No responses yet

Feb 18 2008

Fai 48 horas… Cata de Sidra Galega

Á unha xa che comeza a apetecer tomar algo, é que mellor reclamo que unha Sidra, bebida que adoro e non teño o pracer de desfrutar dende o casamento de Jaime e Montaña. Vese que Magago pensou coma min, porque foi alí o primeiro lugar onde coincidimos.

Da man de Sidrería Galega, correxin moitos prexuizos.

  • Sabiades que producimos 10 veces máis mazá que Asturias e 20 que Euskadi dous lugares de consumo tradicional de sidra?
  • Que as variedades que se utilizan para elaborala son Pero, Verdeñá e Rabiosa? (Si, si, rabiosa).
  • Que os ingleses e franceses tamén toman e fabrican este fermentado da mazá, e que os primeiros a levaron aos U.S.A. onde se consumiu habitualmente deica a chegada da lei seca?.
  • Que somos os maiores consumidores de sidra gasificada ou achampanada?



Escanciando sidra Na foto superior temos os catro tipos de sidra que probamos na cata. A natural (sen dúbida a miña elexida), a gasificada (con azucre e CO2 engadido, máis que prescidible), unha sidra gasificada normanda (feita a partires de concentrado de mazá), e unha inglesa.

A primeira delas a natural é a que ten o handicap do escanciado, ese requisito, que non ritual, que limita o seu consumo, pero sin o cal o seu consumo non tería ningún valor.


O carolino baleiro corresponde á segunda volta de sidra natural. As outras non son rivales ...

Chuzame! chuzame -

3 responses so far

Feb 18 2008

Fai 48 horas… As Cociñas do Camiño

A seguinte cita á que acudín, case sen descansar, foi As Cociñas do Camiño. Doume a sensación de que tentaban ir reflexando os distintos tipos de expresións culinarias que se poden atopar no norte da península, usando un denominador común.
O mestre de ceremonias notábase con taboas e coñecementos, pero non chegou a agromar a química, polo menos cos dous cociñeiros que presenciei.



O primeiro foi Diego Archinolaza (restaurante), que representou a Logroño, e en xeral a La Rioja. Quixo salientar a horta rioxana e para isto preparou un timbal de verdura, a base de fabas, chícharos, borraxa e alcachofa.Timbal de verduras
Unha cousa que si me gustou, foi a referencia a pratos tradicionáis que se estaban a perder porque a xente nova non os pedía. Referíase a unha preparación de polo (sinto non lembrala) e tamén á casquería, que tiñan no seu restaurante dende había anos e xa non saía a penas. Algo sobre o que reflexionar, cando actualmente estamos hipnotizados ante máquinas de alquimista do século XXI que transforman alimentos coñecidos en texturas indescriptibles, en cociñas máis cercanas a laboratorios que a lugares onde elaborar comidas.

Despois Roberto Ruiz e Alex Múgica que dende Tolosa, falaron dun camiño secundario que entra por Euskadi.
Roberto Ruiz y Alex Múgica. Tolosa
Un deles adicouse a falar dos froitos da súa terra, e de preparacións con outros traídos de zonas limítrofes pero asumidos coma propios, mentras que o outro elaboraba pratos sen recibir apenas explicacións...

O bo de ter tres eventos simultáneos é que se non che acaba de convencer algo, podes dar uns pasos e cambiar de aires...

Chuzame! chuzame -

No responses yet

Feb 18 2008

Fai 48 horas… Cociña de Caza. Cuina Vallès

Pep PalauO primeiro evento ao que acudín foi Cociña de Caza. Presentado polo director do Fórum Pep Palau, que conducía aos chefs, Artur Martínez de Capritx e a Tomàs Cuadrado de El raco d'en Tomàs. Ambos cociñeiros forman parte dun especie de grupo nove catalán chamado Cuina Vallès, mais non topei unha páxina coma a de Nove á que ligar.
Foi coma unha charla amena, con Pep facendo preguntas de cando en cando, e Artur e Tomàs meténdose o un co outro.
Tomàs Cuadrado
Sirva como exemplo:

O chocolate era coma o Isostar ou o Red Bull dos Aztecas.

Frase coa que ilustrou o enerxético que é ese alimento, utilizado como ingredente para preparar un Ragú de Xabarín, do que puidemos degustar unha mostra. A iso das 11:30 da mañá me preguntaba onde tería que asinar para tomar diso todos os días.



Polo que puiden ver brevemente na páxina do seu restaurante, é un producto que debe adorar, porque ata fai catas... Onde hai que apuntarse?

Artur Artur preparou un Solombo de cervo con arroz cremoso, para o que utilizou arroz venere, variedade integral de cor negra, que descoñecía, e da que tivo o detalle de pasar unha mostra por toda a sala, para que pudieramos tocar e ulir. A elaboración era sensiblemente máis complexa. Cun consomé de trufa e caldo do arroz venere, Cantharellus (Rossinyol), remolacha e frambuesa liofilizada... outra cousa que descubrin nesta fructifera presentación foron uns cristais de sal semellantes aos Maldon que se fan en Mallorca. Non teño máis imaxes nin información, pero polo que comentaban eran unhas pirámides ben grandes... terei que buscalos.
En resume, un magnífico comezo, que disipou os meus temores sobre como sería un día enteiro camiñando dun lado para outro sacando fotos e tomando notas... é como ir de vacacións ;-).


Actualizo informacións incompletas e engado novas ligazóns, gracias á esta entrada de El raco d'en Tomàs.

Chuzame! chuzame -

No responses yet

Feb 18 2008

Fai 48 horas… Chegada e Acreditación (FGS I-1)

Un soleado e fresco día nos recibía á chegada aoPalacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela. Indecisión na entrada, posto que as acreditacións se recollían no interior, e para entrar había que entregar unha entrada, afortunadamente Mr. Colineta estaba na porta e puidemos flanqueala sen mais problemas. Ao seu carón o Gourmet de Provincias xa armado coa súa acreditación, ofreceuse a acompañarnos ata o mostrador onde se retiraban. Comentamos brevemente as actividades que tiñamos previstas. O gourmet e moraiminha como xurados en sendos concursos (enchufados do carallo ;-)), e eu coma xornalista raso a andar de paseo.

Despois de armados coa acreditación, programa e mapa, cada un foi ao seu...


Espero que ningún profesional se sinta mal por este intrusismo limitado no tempo. Para min son todo vantaxes, porque non é un traballo e non teño obrigas, de publicar nin entregar traballo ningún nun prazo determinado. O único que crea son gastos e ata perdo un día de vacacións, pero as afeccións é o que che teñen, e douno todo por ben empregado.

Chuzame! chuzame -

2 responses so far

« Prev - Next »

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Blog sen Fume